Ourense foi a provincia onde o coronavirus estivo máis presente e A Coruña onde menos, segundo o estudo do SERGAS

A estimación que fai a Consellería de Sanidade é que ao redor de 30.000 galegos están inmunizados. Nese sentido, máis mulleres que homes gozarían de inmunidade: 17.000 por 13.000. 


|

A estimación que fai a Consellería de Sanidade é que ao redor de 30.000 galegos están inmunizados. Nese sentido, máis mulleres que homes gozarían de inmunidade: 17.000 por 13.000. 


A mostraxe do SERGAS confirma que pouco máis do 1% da poboación galega estivo en contacto coa enfermidade, o que deixa á comunidade como un terreo especialmente vulnerable para unha segunda onda da pandemia. 


31 March 2020, Lower Saxony, Hanover: Doctors take a smear test from people inside their car at the newly installed Coroa Drive-In test centre on the Hanover exhibition grounds. Photo: Peter Steffen/


Probas do coronavirus


O estudo de seroprevalencia do Sergas ratifica que o coronavirus COVID-19 circulou pouco por Galicia, cunha prevalencia do 1,15%, con Ourense como a provincia con maior porcentaxe, 1,88%, e A Coruña co menor, 1,07%. Así, a Consellería de Sanidade estima que "30.000 galegos están inmunizados", deles 17.000 mulleres e 13.000 homes.


Deste xeito informárono na rolda de prensa telemática de presentación do 'Estudo de seroprevalencia fronte ao COVID-19 en Galicia' o director xeral de Saúde Pública, Andrés Paz-Ares Rodríguez; o director xeral de Asistencia Sanitaria do Sergas, Jorge Aboal, e o subdirector xeral de Información sobre Saúde e Epidemioloxía, Xurxo Hervada.


En concreto, apuntaron que a prevalencia do virus entre a poboación galega aumenta conforme se incrementa a idade, polo que sitúa no 0,56% entre os galegos de 0 a 18 anos; sobe ao 1,09% entre os 19 e 64 anos e aumenta ao 1,64% entre o colectivo maior de 65 anos.

Por áreas sanitarias, a de maior prevalencia é a de Ourense, co 1,88%; seguida da de Vigo, co 1,64% e as de Pontevedra e Santiago, con máis dun 1%; mentres que a da Coruña sitúase como a de menor.


En canto aos concellos de máis de 50.000 habitantes, Vigo sobresae cun 2,08% de prevalencia, que xustifican na densidade de poboación e na cantidade de persoas que acoden a traballar; seguida de Ourense (1,8%), Pontevedra (1,24%) e Santiago (1,1%), coa Coruña, Lugo e Ferrol á cola, con menos dun un por cento. Por comarcas, a do Barco de Valdeorras sitúase á cabeza, como "única que supera os tres puntos de prevalencia", afirmou Paz-Ares.


Os test da primeira onda para o estudo autonómico de seroprevalencia, iniciado o 23 de abril, concluíron o pasado 8 de maio para analizar a circulación do virus SARS-Cov2 na Comunidade galega, na que o SERGAS contactou cunha mostra 50.925 participantes na mostra. E o SERGAS asegurou que a segunda onda prevista farase "cando toque".


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE