Ninguén hospitalizado por coronavirus onte, indica por primeira vez a gráfica do coronavirus en Galicia

Onte foron só 68.Só porque a semana pasada aínda houbo catro xornadas seguidas con máis de 100 positivos, o que fixo temer un rebrote, impulsado polos aumentos en Santiago e Vigo.Afortunadamente esta semana o comportamento das cifras é mellor.


|

Se non gardamos a distancia social haberá rebrote de coronavirus, advírtennos os expertos. Por iso, por moi boas que sexan as cifras da evolución da pandemia (e as de hoxe sono, sobre todo  porque ninguén tivo que ingresar nun hospital galego) nunca debemos baixar a garda.


Son xa 10.782  persoas as que deron positivo a algún test:





HOSPITALIZADOS


O indicador máis preocupante é aínda no de ingresos en hospitais. Afortunadamente, tras o repunte de hospitalizados a semana pasada a tendencia cambiou.


Por vez primeira desde o 16 de marzo, ningunha persoa tivo que ingresar nun hospital galego por coronavirus, segundo as cifras que a Xunta manda ao Ministerio


Aínda así, se abrimos o foco, e fixámonos o a media móbil a 7 días en vez na evolución semana, vemos que o repunte aínda se aprecia, iso si tirando á baixa:




Sinalar que na gráfica de Galiciapress aparece un dato imposible, o -22 novos hospitalizados do 28 de abril. Isto débese ao cambio de criterio da Xunta esa xornada, cando por fin empezou a mandar os datos como mandaba o Ministerio e xa facían as outras autonomías.


POSITIVOS 


Terceiro día seguido que Galicia conta menos de 100 positivos. Onte foron só 68.


Só porque a semana pasada aínda houbo catro xornadas seguidas con máis de 100 positivos, o que fixo temer un rebrote, impulsado polos aumentos en Santiago e Vigo.


Afortunadamente esta semana o comportamento das cifras está a ser mellor. Iso si, aínda non chega para facer baixar a media móbil a sete días, o indicador que nos permite observar tendencias suavizando o impacto de días particulares, con moitos ou poucos positivos.




O repunte da semana pasada estivo sobre todo alimentado polos positivos por anticorpos. A errática actualización do SERGAS da serie de positivos de anticorpos (só empezou a dar conta a Moncloa deles a final de mes e o domingo informou de 0 positivos) embaza a fiabilidade do indicador de novos positivos, o primeiro que debería facer soar as alarmas en caso de rebrote.


Con todo, se nos fixamos só na serie "Novos positivos PCR" a tendencia é cada vez máis tranquilizadora. As probas PCR son as máis fiables e as que agora se deberían estar a facer rapidamente a calquera persoa que presente síntomas. 


Onte só apareceron 10 casos novos confirmados por PCR, a mellor cifra desde que hai datos. A evolución deste indicador mostra ademais unha clara tendencia á baixa. A evolución do indicador de positivos de anticorpos é demasaido irregular para sacar conclusións. Ademais enturba a evolución da serie que suma os novos positivos detectados polos dous tipos de test, que en todo caso parece tender cara abaixo.





UNIDADES DE COIDADOS INTENSIVOS


327 personasn pasaron por as UCIS galegas debido ao COVID-19 desde o inicio da crise. Con todo, o ritmo de ingresos descendeu moitísimo. Onte só houbo un e no que levamos de mes 14.


Agora mesmo hai 22 pacientes ingresados en coidados intensivos con coronavirus. É a mellor cifra desde o 19 de marzo e indica que, tras un ligerísimo repunte, este indicador volve tender á baixa.




FALECEMENTOS


A cifra oficial de mortes por coronavirus superará probablemente os 600 nesta primeira onda. Tras os dous decesos de onte, son 597 as persoas que perderon a vida.


Aproximadamente a metade delas eran residentes ou traballadores de residencias de anciáns ou dependentes. A crise nestes centros parece ir quedando atrás. Hai unha semana que non se contabiliza ningunha morte en residencias de anciáns galegas. 





DATOS DO CORONAVIRUS EN ESPAÑA


A evolución dos positivos por PCR en España segue cunha tendencia genral á baixa, con tres días seguidos xa por baixo dos 500 casos confirmados. A maioría de expertos indica que xa se pode concluír que o desconfinamiento parcial dos menores non provocou un repunte, pois se debería notar xa, máis de dúas semanas despois.




Chama a antención é que agora hai moitísimas menos sancións por saltarse as normas que en abril. Sobre todo, sorprende as poucas sancións impostas o día 11 de maio, cando se reabriron moitas terrazas na metade de España. Aínda así, esa xornada houbo 54 detidos, segundo cifras do Ministerio do Interior.




A nivel internacional sorprenden moitísimo os datos de Rusia. É xa o segundo estado con máis casos, máis de 232.000, pero notificou só 2.100 mortos. Bélxica, cunha cuarta parte de casos notificou catro veces máis de falecidos.



Made with Flourish




S2584 hospitalizados diarios de coronavirus en galicia nbsp


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE