Toda Galicia pasa á Fase 1 do desconfinamento


En Galicia todo o territorio poderá pasar á fase 1. Así o confirmou esta tarde en rolda de prensa Fernando Simón e o Ministero de Sanidade. Salvador Illa lembrou que nesta etapa de desescalada é "máis necesario que nunca" ter precaución e gardar a distancia social.


|

En Galicia todo o territorio poderá pasar á fase 1. Así o confirmou esta tarde en rolda de prensa Fernando Simón e o Ministerio de Sanidade. Salvador Illa lembrou que nesta etapa de desescalada é "máis necesario que nunca" ter precaución e gardar a distancia social.


En conxunto, pouco máis da metade da poboación española, 51% aproximadamente, pasará a Fase 1 a partir do luns. "Case a metade da poboación española está en condicións de ter a partir do luns as medidas correspondentes da Fase 1", revelou o ministro despois da reunión do Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde.


EuropaPress 3010644 ministro sanidade salvador illa roda prensa maio 2020

O Ministro de Sanidade este venres en rolda de prensa


O director do Centro de Alertas Sanitarias Fernando Simón detallou os criterio usados polo Ministerio para facer a selección. Dous foron claves para determinar se condieraban as solicitudes enviadas polas autonomías: o número de camas hospitalarias e a cantidade de prazas UCI. 


Fernando Simu00f3n

Simón en rolda de prensa o venres


O mapa publicado por Moncloa revela que a Fase 0 seguirá en zonas de Castela León, todo Madrid, varias provincias de Castela A Mancha, dúas provincias de Andalucía, algunhas comarcas de Valencia e máis da metade de Cataluña.



Mapa desconfinamiento fase 1 Espau00f1a provincias

Mapa publicado polo Goberno para explicar o desconfinamiento


Minutos antes de comparecer publicamente, o ministro Illa comunicou ao conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, a decisión acordada polo comité de expertos.


Fíxoo no Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde, no que participaron o Goberno e as comunidades autónomas este venres. 


EN QUE CONSISTE A FASE 1?


A fase na que entrará Galicia a partir de luns durará polo menos quince días. Inclúe as seguintes novidades:


 - En función dos criterios permitirase o inicio parcial de certas actividades, apertura do pequeno comercio baixo condicións estritas de seguridade excepto os centros ou grandes parques comerciais "onde son máis probables as aglomeracións e increméntase máis a mobilidade para desprazarse ata eles".

- En restauración, permitirase a apertura de terrazas con limitacións de ocupación ata o 30 por cento en hostalería a apertura de hoteis e de aloxamentos turísticos excluíndo zonas comúns e con determinadas restricións que se exporán nunha orde polo Ministerio de Sanidade.

- Na apertura de locais na fase 1 incluirase un horario preferente para os maiores de 65 anos que son o colectivo máis vulnerable ao Covid-19.

- No sector agroalimentario e pesqueiro renovaranse as actividades que mantiñan restricións.

- Os lugares de culto poderán abrir limitando aforo a un terzo.

- No ámbito deportivo contémplase a apertura de Centros de Alto Rendemento con medidas e hixiene e protección reforzadas e se é posible quendas e se é posible permitirase o adestramento medio en ligas profesionais. 



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE