Outro positivo de coronavirus entre condutores de autobuses en Ourense

Os compañeiros desa liña de autobús están en corentena mentres se lles fan probas. O vehículo foi retirado para a súa "limpeza e desinfección", informa o Concello de Ourense.


|

Os compañeiros desa liña de autobús están en corentena mentres se lles fan probas. O vehículo foi retirado para a súa "limpeza e desinfección", informa o Concello de Ourense.


O Concello de Ourense informou dun segundo caso de positivo por COVID-19 no persoal de condutores do transporte urbano da cidade.


Cartel lembrando que é obrigatorio levar máscara nos autobuses de Ourense


O traballador, do mesmo xeito que o seu compañeiro que tamén deu positivo por coronavirus, atópase de baixa e "controlado", segundo informa o goberno ourensán nun comunicado.


Deste xeito, ademais destes dous condutores, outros catro traballadores que formaban parte do mesma quenda gardan corentena nas súas casas á espera de coñecer o resultado das probas.


"NON EXISTE NINGÚN TIPO DE CONTACTO" DI O CONCELLO

Así as cousas, o concello anunciou que estuda realizar probas a todo o persoal do trasnporte urbano en función do resultado que arroxen os test aos que foron sometidos os traballadores illados.

Tanto o consistorio local como a empresa concesionaria do servizo lembran que, coas medidas establecidas ao comezo da crise no transporte público, non existe "ningún tipo de contacto" entre condutores e viaxeiros, xa que hai unha separación de catro metros entre a zona dos pilotos e o primeiro asento habilitado.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE