'O último barco', de Domingo Villar, dispoñible en audiolibro

O inspector Leo Caldas é o personaxe máis popular na literatura galega recente. A última novela de Dmingo Villar vai pola undécima edición en papel e agora chega a version para escoitar.


|

Domingo Villar

O inspector Leo Caldas é o personaxe máis popular na literatura galega recente. A última novela de Domingo Villar vai pola undécima edición en papel e agora chega a version para escoitar.


A editorial Siruela publicou en audiolibro 'O último barco', do escritor galego Domingo Villar, terceiro caso da serie protagonizada polo inspector Leo Caldas e que xa alcanzou a 11ª edición en papel.

Narrado por Jorge González, e cunha duración de 19 horas e 53 minutos, o audiolibro atópase dispoñible en varias plataformas, segundo informou a editorial.

Mónica, a filla do doutor Andrade, vive nunha casa pintada de azul en Moaña, un pobo da ría onde as praias de ondas mansas contrastan co bulicio da outra beira. Todo parece en calma, pero un martes de novembro, o inspector Leo Caldas recibe a visita do pai de Mónica, quen está alarmado pola desaparición da súa filla.

Domingo Villar, (Vigo, 1971) inaugurou con 'Ollos de auga' a serie protagonizada por Leo Caldas. O segundo título, 'A praia dos afogados', supuxo a súa consagración no panorama da novela negra.

A serie foi traducida a 15 idiomas e recibiu varios premios, entre eles, o Novelpol en dúas ocasións; o Antón Losada Diéguez; o Premio Sintagma; o Premio Brigada 21; o Frei Martín Sarmiento; ou Libro do Ano da Federación de Libreiros de Galicia.

Internacionalmente, foi finalista dos Crime Thriller Awards e Dagger Interntaional no Reino Unido; do premio Lle Point du Polar Européen en Francia; e do premio da Academia Sueca de Novela Negra.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE