A Xunta promete dispoñer en cinco días de 1.258 camas novas e así cumprir os requisitos para a desescalada

Coa inclusión destas novas camas, o Sergas afirma que cumpre coas cocientes de recursos asistenciais que marca do Goberno para a desescalada

|

Coas cifras acutales, como publicou o domingo Galiciapress, Galicia estaría lonxe dos parámetros marcados desde Moncloa para acceder á Fase 1 da descalada, que comezará o 11 de maio naquelas comunidades que cumpran cos cocientes establecidos. 


A Xunta comprometeu unha "expansión hospitalaria" de 1.258 camas novas que activaría nun prazo de cinco días para cumprir coas cocientes de recursos asistenciais para a atención de pacientes de Covid19 que marca o Ministerio de Sanidade para avanzar no proceso de saída do confinamento que arrincou este luns coa entrada das comunidades na fase '0'.


Hospital de campaña da Coruña para atender casos de coronavirus



Coa inclusión das máis dun milleiro de camas desta "expansión hospitalaria" prometida pola Xunta, o Sergas destaca que os recursos asistenciais de Galicia elévanse a 10.313 camas de hospitalización convencional (sumando centros públicos, privados e camas de nova creación), polo que entran na pinza que marca o Ministerio de Sanidade, que establece un mínimo de entre 37 e 40 camas para agudos por 10.000 habitantes para poder iniciar o proceso de desescalada.

Así, a Comunidade galega dispón de 8.149 camas en hospitais públicos e 906 en centros privados. A eles sumaríaselle estas 1.258 camas que, segundo a Xunta, estaría dispoñibles nun prazo máximo de cinco días en caso de ser necesario. Deste xeito, a cociente de camas por cada 10.000 habitantes da sanidade galega situaríase en 38,2.

En canto aos recursos en coidados intensivos, Galicia cumpre cos requisitos marcados polo Goberno ao dispoñer de 2,55 camas de UCI por 10.000 habitantes, mentres que o mínimo marcado pola Administración central na súa orde do pasado 3 de maio é de 1,5 camas de UCI por cada 10.000 habitantes.


HOSPITAIS DE CAMPAÑA

Así as cousas, a Xunta deseñou un plan de contigencia no que figuran máis de 1.200 camas que, en caso de ser necesarias, estarían activas nun prazo de cinco días.

A finais do pasado mes de marzo, o Executivo autonómico iniciou os traballos para levantar hospitais de campaña nas cidades da Coruña e Santiago que, finalmente, non foi preciso activar ante a evolución da epidemia en Galicia.

O máis avanzado foi o proxectado na cidade herculina, que se situaría en Expocoruña e que tería capacidade para 240 camas; mentres que o da capital galega pensouse para o Multiusos Fontes do Sar cuns recursos de entre 100 e 150 camas. A Administración autonómica tamén pensou no recinto de Ifevi, en Vigo, aínda que non chegou a concretarse.

Foi o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, quen, o pasado 15 de abril e tras dar por superada a fase "aguda" da epidemia, anunciou que "afortunadamente" non sería necesario activar estes centros de atención provisionais ante a evolución do virus.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE