Está a frearse a epidemia en Galicia? A gráfica de novos casos de coronavirus segue estable

|

A gráfica de novos casos de coronavirus en Galicia segue dando mostras de estabilización. Os 377 casos confirmados hoxe son a mellor cifra do últimos tres días. 





En total, na autonomía hai xa 5.219 positivos, segundo as cifras oficiais que acaba de publicar o Ministerio de Sanidade. 





Hai 178 ingresados na UCI e lamentablemente morreron xa 138 persoas no país. En España, os falecidos rozan os 11.000 e hai case 6.500 persoas pelexando ou que pasaron por as unidades de coidados intensivos.




A gráfica logarítmica, que permite apreciar mellor a evolución da pandemia, mostra como esta parece que está desacelerando, tanto en España, como en Madrid como na autonomía.Con todo, no Estado os enfermos confirmados son xa máis de 117.000:


Desaceleración que tamén se aprecia na gráfica que mide a porcentaxe de crecemento de novos positivos en Galicia. Nunca antes acumulou tres xornadas seguidas cun incremento menor ao 10%:





A gráfica de novos contagios diarios en toda España tamén dá esperanzas de que sexa certa a hipótese de que o pico de contagios pode quedar atrás -hipótese enunciada tamén por algúns modelos matemáticos:




A nivel internacional, destaca o repentino salto de falecidos en Francia, ao incorporar os decesos ocorridos nas residencias de anciáns. A última cifra diaria é de máis de 1.300 decesos, superior á española e á italiana. Preocupante tamén o o ritmo de falecementos en Estados Unidos, cuns 1.200 rexistrados nun único día:



Made with Flourish



Se o COVID-19 en España e en Galicia segue máis ou menos-como ata o de agora- a pauta de Italia, o descenso de novos casos diarios poida que sexa máis paulatino do que foi o seu rápido ascenso:




Pode ser certo que superamos o pico de contagios, quedan aínda moitas xornadas cunhas cifras de mortos estremecedoras. En España son case 1.000 as persoas falecidas nun só día:






E en Galicia levamos xa catro días cuns 18 mortos diarios de media. Pola evolución da epidemia en España, máis temperá que na autonomía, Galicia pode vivir aínda bastantes xornadas máis con estes números de falecementos:





RObbg evoluci n de positivos de coronavirus en galicia nbsp  (7)



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress