A Dirección da Policía ordena "o control das redes sociais" para detectar plans de "asalto a centros de abastecemento"

A Dirección Adxunta de Policía acaba de enviar un oficio -ao que tivo acceso Galiciapress- ás xefaturas de Policía de todo o Estado no que reparte labores ao fío do estado de emerxencia polo coronavirus.


|

A Dirección Adxunta de Policía acaba de enviar un oficio -ao que tivo acceso Galiciapress- ás xefaturas de Policía de todo o Estado no que reparte labores ao fío do estado de emerxencia polo coronavirus. Loxicamente, entre os obxectivos xerais da instrución está "evitar accións hostís, de vandalismo ou de pillaxe" e "previr calquera alteración grave" que faga perigar "a saúde pública", a paz e a seguridade.


Con todo, quizais o máis rechamante deste documento é os labores encargados a axentes da Comisaría Xeral de Información. O Ministerio do Interior mándalles "o control das redes sociais a fin de detectar grupos ou elementos que puidesen pretender alterar a orde pública ou o asalto a centros de abastecemento". 


Policia brigada delitos tecnologicos


Unha imaxe de arquivo da Brigada de Delitos Tecnolóxicos


E é que as redes sociais son agora -pechados os bares e outros centros de lecer- a vía crave de conformación da opinión pública galega e española. Se alguén busca sacar rédito da crise mobilizando a grupos, deberá actuar nelas.


Ante esta ameaza, a Dirección encarga a "detención de elementos hacktivistas que puidesen tentar desestabilizar o país mediante o desenvolvemento de campañas". 


ESTADOS UNIDOS SOSPEITA DE RUSIA

Hai que lembrar que hai varias semanas un informe do Departamento de Estado dos Estados Unidos identificou unha suposta campaña de desinformación para culpar á administración Trump do COVID-19. Acusacións que Rusia negou con vehemencia en reiteradas ocasións.


Así que, a Comisaría Xeral de Información, ademais das súas funcións máis habituais, como podería ser a "detección de grupos violentos ou elementos terroristas que aproveitando as circunstancias actuais puidesen subverter a paz social", ten que poñer agora un especial foco nas redes sociais.


O propio presidente do Goberno chamou onte aos cidadáns a desconfiar das fontes non oficiais e estar previdos sobre as fake news. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE