Os condutores de ambulancias alertan de falta de medios para evitar contagios de coronavirus

O sindicato CIG denunciou a situación na que se atopa o sector de condutores de ambulancias ante a alerta sanitaria provocada polo COVID-19 con falta de medios e de información relativa a prevención de riscos laborais por parte das empresas para evitar a propagación do coronavirus.

|

Falta de equipos de protección, máscaras e ausencia mesmo do lavado da roupa. Están son algunhas das queixas dos sindicatos dos traballadores de transporte sanitario.


O sindicato CIG denunciou a situación na que se atopa o sector de condutores de ambulancias ante a alerta sanitaria provocada polo COVID-19 con falta de medios e de información relativa a prevención de riscos laborais por parte das empresas para evitar a propagación do coronavirus.


Unha ambulancia na entrada do Complexo Hospitalario Universitario A Coruña, onde un paciente procedente de Madrid está illado por coronavirus, na Coruña/Galicia (España) ao 4 de marzo de 202




O secretario do sector de Transporte da CIG, Xesús Pastoriza, reuniuse con delegados de prevención do sector na sede da CIG, en Santiago, onde se atopan analizando esta situación que despois trasladarán á Consellería de Sanidade para solicitar unha reunión.

En declaracións aos medios, Pastoriza explicou que a tónica destas empresas con respecto ao coronavirus é a "improvisación", debido a que aínda non se están trasladando e explicando aos traballadores os protocolos de prevención relativos ao COVID-19.

Actualmente, sinalou, existe "certa masificación" nas ambulancias e déronse casos de coches levando pacientes "na parte de diante", que é unha zona "que non está preparada" para esta función e que "Non é de fácil desinfección".

Doutra banda, en zonas como Lugo e Ourense hai compañías que "non están a lavar a roupa" e son os traballadores quen o fai nas súas casas, co risco de "un posible contaxio para as súas familias e a veciñanza".

FALTA DE MEDIOS
A todo iso uniu a falta de dotación de EPIs de protección, como uniformes e máscaras, e que hai casos nos que se están entregando "plásticos" para a lluvia, "que non son apropiados para desinfectarse".

Pastoriza reclamou, neste sentido, que a administración conte coas organizacións sindicais para estar en contacto cos traballadores, posto que as empresas non están a informar adecuadamente sobre as medidas preventivas necesarias.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE