O presidente declara o Estado de Alarma e chama á unión para gañarlle a batalla ao coronavirus (vídeo)

O presidente do Goberno anunciou o Estado de Alarma vixente a partir de mañá sábado. Pedro Sánchez quere que a Administración poida facer uso de todos os medios civís e militares.


|


Estado de Alarma


O presidente do Goberno anunciou o Estado de Alarma vixente a partir de mañá sábado. Pedro Sánchez quere que a Administración poida facer uso de todos os medios civís e militares. Ha anunciado a convocatoria dun Consello de ministros extraordinario para mañá no que o formalizará.  Por vez primeira os novos casos en España suman máis de 1.000 en só 24 horas.


O líder socialista argumenta que o Estado de Alarma permite mobilizar todos os recursos para loitar contra o COVID-19. "Tardaremos semanas, vai ser moi duro e difícil", indicou o mandatario. Para Sánchez agora é necesario disciplina e certo heroismo, aínda que "o heroismo consista agora en lavarse as mans".




QUE É O ESTADO DE ALARMA?
O Estado de Alarma é unha das situacións extraordinarias ás que o Executivo pode recorrer segundo o artigo 116 da Constitución Española. Durante 15 días prorrogables e sempre coa autorización expresa do Congreso dos Deputados, pódense tomar as seguintes medidas:


1) Limitar a circulación ou permanencia de persoas ou vehículos en determinadas horas e lugares.

2) Practicar incautacións temporais de todo tipo de bens e impoñer prestacións persoais obrigatorias.

3) Intervir e ocupar transitoriamente industrias, fábricas, talleres, explotacións ou locais de calquera natureza, con excepción de domicilios privados.

4) Limitar ou racionar o uso de servizos ou o consumo de artigos de primeira necesidade.

5) Impartir as ordes necesarias para asegurar o abastecemento dos mercados e o funcionamento dos servizos produtivos.


EuropaPress 2716698 presidente goberno pedro sanchez preside videoconferencia reunion

Sánchez antes da declaración presidiu un consello de Ministros telemático



Así mesmo, o estado de alarma permite coordinar as funcións de todas as forzas de seguridade do Estado baixo un único mando (Policía Nacional, Garda Civil, policías autonómicas e locais), así como impoñer sancións aos cidadáns no caso de que incumpran as indicacións requiridas pola administración.


Aos 15 días o Goberno poderá renovalo, se o aproba o Congreso.


A declaración do Estado de Alarma facilita que o Goberno de España poida suspender as eleccións autonómicas en Galicia e o País Vasco.


Está previsto que Pablo Casado (PP) compareza ante os medios para explicar a postura do principal partido da oposición. 





Mapa coronavirus espau00f1a






Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE