Galicia anuncia a suspensión das clases a partir deste luns en todos os niveis educativos

Segundo as últimas informacións os centros educativos galegos de todos os niveis permanecerán pechados desde o luns 16 de marzo como medida para loitar contra a propagación do coronavirus 


|

Segundo as últimas informacións os centros educativos galegos de todos os niveis permanecerán pechados desde o luns 16 de marzo como medida para loitar contra a propagación do coronavirus.


Nenos, alumnos, escolares, educación, escola, centro escolar.

A Xunta anuncia o peche dos centros escolares


Do mesmo xeito, aínda que o peche comezará a partir deste luns, serán os pais os encargados de dirimir se mañá venres os seus fillos deben ou non asistir a clase. Os alumnos de Formación Profesional e educación universitaria terán abertos os centros mañá venres, pero desde o Goberno de Galicia piden que eviten asistir aos mesmos se é posibles.


A pesar de que desde o Goberno autonómico chaman a extremar a precaución, os centros educativos permanecerán abertos mañá, a non ser que nas próximas horas unha nova orde impida a súa apertura.


A medida chega despois de que a acordase o executivo presidido por Alberto Núñez Feijóo, que despois de reunirse co Consello de la Xunta ampliou a información ante os medios. O presidente autonómico informou de que se volverá a reunir esta tarde cos seus conselleiros, xunto á comisión interpartamental, por se é necesario perfilar algunha medida despois do Consello de Ministros. 



PECHE 14 DÍAS

Desde a Xunta de Galicia decretaron que a medida sexa extensible non só ás actividades lectivas, senón tamén ás actividades extraescolares, así como a todos os centros comunitarios desde este venres. Esta medida terá unha duración, en principio, de dose semanas.


REUNIÓNS E FUNCIÓN PÚBLICA

Outra das medidas acordadas no Consello de la Xunta está destinada a regular a función pública, cun protocolo que promociona o teletraballo, a flexibilidade horaria e a reorganización de quendas, medidas que os traballadores de San Caetano levaban días reclamando desde os sindicatos

Ademais, desde a Xunta tamén anuncian a limitación das concentracións en espazos pechados a un máximo de 50 persoas. No caso de que haxa aforo máis amplos, limítanse a un terzo do aforo, é dicir, se ten capacidade para 600, estaría limitada a 200.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE