​Vázquez Almuiña recoñece que o paciente de coronavirus en Galicia foi atendido o luns pero non enviaron a mostra para analizar ata o martes pola tarde

O titular da Consellería de Sanidade da Xunta, Jesús Vázquez Almuiña, compareceu en rolda de prensa para informar sobre a actualidade en torno ao primeiro caso positivo de coronavirus en Galicia, un home de 49 anos, procedente de Madrid, e que se atopa ingresado no CHUAC con prognóstico reservado.


|

O titular da Consellería de Sanidade da Xunta, Jesús Vázquez Almuiña, compareceu en rolda de prensa para informar sobre a actualidade en torno a o primeiro caso positivo de coronavirus en Galicia, un home de 49 anos, procedente de Madrid, e que se atopa ingresado no CHUAC con prognóstico reservado.


Almuia 3

O conselleiro Vázquez Almuiña


O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña informou que a pesar das sospeitas non foi ata a mañá deste mércores cando o Centro Nacional de Microbiología de Majadahonda confirmou o caso deste paciente de 49 "que non reside en Galicia", polo que desde o SERGAS insisten en que este caso é "importando" e que o virus non circula pola comunidade. O titular de Sanidade fixo un repaso ao avance da enfermidade desde os primeiros casos rexistrados en China ata a súa chegada a Galicia, facendo especial fincapé na situación de países como Italia ou Corea do Sur.


UN POSITIVO TARDÍO

"En España a incidencia neste momento é baixa. Estamos nunha primeira fase de contención. Por iso é moi importante facer o diagnostico precoz, que é o que se fixo con todos os sistemas que se puxeron en coordinación", comentou Vázquez Almuiña, que tamén recalcou que en Galicia seguíronse as recomendacións lanzadas desde os distintos organismos.


"Quero agradecer a todos os profesionais do 061, dos servizos de microbiología, de medicina preventiva e os demais servizos hospitalarios o esforzo que fixeron, e neste caso concreto felicitar aos equipos do CHUAC pola súa rápida actuación", aínda que, como recoñeceu o conselleiro, o positivo chegou esta mañá aínda que o paciente foi atendido no CHUAC "o luns pasado". "A mostra foi enviada onte pola tarde", admitiu o conselleiro.


FUTUROS CASOS?

Na mesma liña, insistiu en que en Galicia "desde o primeiro momento cumprimos os protocolos" e que a coordinación foi boa. Agora mesmo, segundo Vázquez Almuiña, está a tentarse monitorar aos pacientes "con risco que procedían de zonas do mundo con alta incidencia". "Creáronse grupos de profesionais que están a ir aos domicilios para buscar as mostras e analizalas", manifestou, deixando a porta aberta posibles novos positivos nas próximas horas ou días. Un dos posibles positivos que se poden dar nas próximas horas é o de a persoa que viaxou co paciente de Madrid ata Galicia.


"Estamos a traballar na posibilidade de seguir a outras fases, aínda que desde logo estamos lonxe", dixo o conselleiro. Nese sentido, as actuacións realizadas ata a data son a activación de plans de continxencia ou a compra de material "pola vía de emerxencia" e "reforzo de persoal", especialmente en microbiología e medicina preventiva.


Doutra banda, no referido ás indicacións para seguir, recalcou que son "as mesmas que as da gripe" e que están suxeitas aos cambios que se poidan producir a nivel nacional e internacional. O venres reunirase a Comisión Central de Saúde para abordar a actualidade sobre o avance da enfermidade. 


3084953



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE