​O defensor do paciente solicita unha investigación polo falecido que esperou 36 minutos por unha ambulancia

Desde o Defensor do Paciente solicitaron ao Fiscal Xeral de Galicia a apertura dunha investigación polos feitos ocorridos onte en Lalín, onde un home de 74 anos faleceu despois de esperar máis de media hora a ser trasladado ao PAC da localidade. A ambulancia que tiña que trasladalo chegou procedente de Chantada, que se atopa a máis de 35 km de distancia de Lalín.


|

Desde o Defensor do Paciente solicitaron ao Fiscal Xeral de Galicia a apertura dunha investigación polos feitos ocorridos onte en Lalín, onde un home de 74 anos faleceu despois de esperar máis de media hora a ser trasladado ao PAC da localidade. A ambulancia que tiña que trasladalo chegou procedente de Chantada, que se atopa a máis de 35 km de distancia de Lalín.



Ambulancias

A ambulancia que tiña que socorrer ao falecido en Lalín tardou 36 minutos en chegar


O ocorrido o pasado luns en Lalín espertou a indignación dos usuarios da sanidade pública e do Defensor do Paciente, que xa iniciou un proceso para pedir responsabilidades polo ocorrido. A primeira medida da organización foi pedir á Fiscalía Xeral de Galicia a apertura dunha investigación para esclarecer os feitos nos que se produciu a morte dun home de 74 anos que esperou máis de media hora por unha ambulancia.


"Este virus de falta de asistencia xa é demasiado repetido na sanidade, con falecidos non por contaxio, senón pola desidia da administración pola falta de persoal e ambulancias", denuncian desde o Defensor do Paciente, que considera que a morte podería "evitarse con atención".


"Consideramos como un presunto delito contra a vida das persoas que necesitan asistencia rápida para evitar a morte ou secuelas irreparables", advirten, á vez que sosteñen que a súa reclamación está fundamentada "que o artigo 262 da Lei de Axuizamento Criminal"


REACCIÓN NA POLÍTICA

A oposición de Lalín leva meses demandando á administración presidida polo popular José Crespo outra ambulancia para a localidade para evitar situacións como a vivida onte. Ademais, denuncian que a ambulancia que opera en Lalín só está dispoñible ata as 20 horas.


As reaccións no mundo da política non se fixeron esperar. Desde Cidadáns a candidata á presidencia da Xunta, Beatriz Pino, criticou con dureza a "lamentable realidade" de Galicia. "Non podemos seguir permitíndoo", insistiu a líder da formación laranxa. "A falta de recursos de transporte sanitario urxente non pode seguir custando vidas aos galegos", advertiu Piñeiro. Na mesma liña manifestouse o eurodeputado de Cidadáns Adrián Vázquez Lázara, que argumentou que lograr un servizo de ambulancias con soporte vital en Lalín "debe ser a prioridade uno para calquera goberno".



Pola súa banda no BNG tamén atopamos reaccións á noticia. A número uno por Lugo nas listas nacionalistas, Olalla Rodil, referiuse ao ocorrido en Lalín tachándoo de "indígnache" e "indigno".


Tamén Antón Gómez-Reino, candidato por Galicia En Común para as eleccións autonómicas do 5 de abril, manifestou a súa "solidariedade e agarimo" á familia do falecido. Do mesmo xeito, aproveitou para poñer o foco sobre os "recortes e privatizacións" na sanidade que teñen "terribles consecuencias". "A sanidade do Feijóo e o PP é a das privatizacións, as listas de esperas interminables e a desatención das urxencias. A nosa saúde non pode ser unha mercadoría", resolveu Gómez-Reino.


35 KM DE DISTANCIA

Na Comarca do Deza só Lalín e Silleda teñen ambulancias para unha zona con máis de 40 mil habitantes (segundo datos de 2017). Cando onte foron requiridas para atender a un home de 74 anos na parroquia de Catasós, a 5 quilómetros do centro de saúde de Lalín, e afectado de "varias patoloxías" cuxo estado empeorara nas últimas semanas, as dúas ambulancias operativas estaban ocupadas de camiño ao CHUS.


Ante isto, os servizos médicos tiveron que recorrer á ambulancia de Chantada, non medicalizada e que tardou 36 minutos. Cabe destacar que entre Chantada (Lugo) e Lalín (Pontevedra) hai máis de 35 km de distancia. Cando o home por fin foi trasladado ao PAC non puideron facer nada por salvar a súa vida.


Desde o SERGAS sosteñen que que o paciente foi atendido por un equipo completo de médico e persoal de enfermería no PAC de Lalín. Ademais, advirten que na noite do luns o centro contaba cunha "dotación completa" de persoal, composta de dous médicos, dous enfermeiros e un traballador de servizos xerais.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE