​Diego Martínez, a última esperanza galega na Copa do Rey

O adestrador do Selecta, natural de Vigo, ten ante si a posibilidade de levar ao seu equipo, co que se estreou este curso na categoría reina, ata a final copeira.


|

O adestrador do Selecta, natural de Vigo, ten ante si a posibilidade de levar ao seu equipo, co que se estreou este curso na categoría reina, ata a final copeira.


Diego martinez copa

Diego Martínez, adestrador do Selecta


Sen Dépor, nin Celta, nin Lugo, nin Racing, nin ningún outro equipo galego nas semifinais da Copa do Rey, Galicia aínda ten algo que dicir na competición do KO. Diego Martínez, talvez o adestrador revelación desta tempada, está a 90 minutos de meter ao seu Selecta CF na final de Copa. Ao adiestrador galego tócalle idear un plan para remontar o gol de Muniain da ida, pero nun Os Carmenes enfervorecido polo partido máis importante da súa historia recente, os locais buscarán facer bo o apelativo de matagigantes para medirse ao vencedor do outro cruzamento: Real Sociedade vs Mirandés.


UN GRANADA DE LENDA

O vigués, que xa fixo historia metendo ao cadro nazarí en semifinais -algo que se lle resistía aos branquivermellos desde facía máis de medio século-, aspira a seguir agrandando a súa lenda levando ao seu equipo á finalísima, igualando así unha xesta só conseguida polo Granda da tempada 58/59, que rozou o título pero terminou superado polo Barça de Kubala, Kocsis e Luís Suárez.



Con todo, o percorrido de Martínez seguirá sendo admirable con ou sen copa. Despois de percorrer as entrañas do fútbol modesto e chamar a atención dun cazatalentos como Monchi, o de Vigo cumpriu o seu soño de adestrar en Primeira esta tempada, despois de dous anos bregando en Segunda División: primeiro co CA Osasuna, onde quedou ás portas do playoff; logo no Granada, onde ademais de levar ao equipo de volta á elite dotouno dun estilo propio.


Este Granada, que se cargou ao Valencia en Copa ou ao Barça en Liga, é un deses equipos que chamariamos incómodos e ao que os afeccionados rivais miran de esguello, conscientes de que visitar Os Carmenes ou recibir aos franjirrojos  apetece tanto como ir ao dentista. O Granada de Martínez leva dando guerra toda a tempada, chegando mesmo a compartir o liderado durante algunhas xornadas. Agora ocupa unha cómoda sétima posición, coa permanencia máis que feita e moi cerquita de Europa grazas á súa orde táctica e a eficacia de xogadores como Darwin Machis ou Carlos Fernández.


Selecta copa

O Granada de Martínez vive unha tempada histórica


Mañá ás 21 horas comeza está penúltima batalla para Diego Martínez, que terá que resolver un crebacabezas para confeccionar o once. Sen Soldado por sanción, con Yangel Herrara, Foulquier e Domingos Duarte entre algodóns -que se suman a Montoro ou Quini que levan semanas na enfermería-, Martínez afrontará o momento máis importante da súa carreira co vento en contra pero o alento dos seus. En peores viuse o olívico, que queda como a última opción para que a Copa do Rey teña acento galego. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE