O mal estado do Conservatorio Superior de Música de Vigo motiva a denuncia da CIG

A Confederación Intersindical Galega (CIG) denunciou a deterioración das instalacións do Conservatorio Superior de Música de Vigo (CSMVigo) e a falta de solucións adoptadas por parte da Xunta ante o mesmo.

|

Ás recorrentes queixas por parte de profesores e alumnos do centro, que ven obrigados a convivir con pingueiras e arañas xigantes, agora súmase unha nova denuncia da CIG. 


A Confederación Intersindical Galega (CIG) denunciou a deterioración das instalacións do Conservatorio Superior de Música de Vigo (CSMVigo) e a falta de solucións adoptadas por parte da Xunta ante o mesmo. 


Conservatorio de musica de vigo

O Conservatorio Superior de Música de Vigo visto desde a rúa


Nun comunicado, o sindicato sinalou que o pasado mes de novembro representantes do alumnado reuníronse coa delegada territorial do Goberno galego na cidade, Corina Porro, para trasladarlle a situación deste edificio de titularidade autonómica.

Ademais, apuntou que, no encontro, os estudantes presentaron fotografías e vídeos nos que se mostraban as condicións do centro. Así, evidenciouse como a auga se deslizaba polas súas paredes interiores cando chovía, o levantamento de parte do parqué, o desprendemento de zonas do falso teito e a existencia de xanelas cuxo peche non funcionaba correctamente, entre outros.



A delegada territorial comprometeuse a solucionar esta situación no marco da reunión, pero, desde esa data, non levaron a cabo actuacións no centro.

Así mesmo, os delegados do alumnado entrevistáronse co xefe territorial de Educación en febreiro, aínda que non se puxeron en marcha medidas tras ese encontro.

Rabuña conservatorio vigo

Foto dunha estudante do conservatorio 


Por este motivo, recolléronse firmas de docentes e estudantes e presentouse unha denuncia na Inspección de Traballo e Seguridade Social. Así mesmo, a CIG instará o comité de seguridade e saúde dos centros de ensino a avaliar as actuacións que se deben levar a cabo desde o Goberno galego.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE