Francisco Fraga, o sucesor de Pachi Vázquez en Espazo Común e candidato ás autonómicas
O que fose portavoz socialista na Deputación de Ourense Francisco Fraga será o candidato ás eleccións autonómicas da coalición formada por Espazo Común e Recortes Cero-Vos Verdes, que presentará lista pola provincia ourensá.

Francisco Fraga nun acto de Espazo Común
O tamén edil en Piñor da organización fundada polo que fose secretario xeral do PSOE Pachi Vázquez foi elixido por "unanimidade das bases".
Diso informou Espazo Común nun comunicado, no que sinala que a proposta tamén conta co apoio dos socios da colación, Recortes Cero-Vos Verdes.
Francisco Fraga foi alcalde de Piñor entre 2003 e 2015 e exerceu como portavoz do Partido Socialista na Deputación de Ourense.
Escribe o teu comentario