Médico do SERGAS introduciu os seus dedos na vaxina dunha paciente, relata o fiscal, que pide 13 anos de cárcere

Fiscalía demanda que se lle aplique a agravante de abuso de confianza e que pague indemnizacións por valor de 12.000 euros

|

Tres pacientes aseguran ser abusadas sexualmente por un médico de rehabilitación dun hospital de Pontevedra. O xuízo empeza este martes.


A Fiscalía solicita penas que suman 13 anos de cárcere, así como outros 6 anos de inhabilitación, para un médico do servizo de Rehabilitación do Hospital Montecelo de Pontevedra, ao que acusa de tres delitos de abusos sexuais a pacientes, e que será xulgado a partir deste martes na Sección Segunda da Audiencia Provincial de Pontevedra.


Montecelo 1

Hospital de Montecelo en Pontevedra


Segundo o escrito de acusación pública, este facultativo do Sergas, entre setembro de 2014 e xaneiro de 2015, cometeu abusos sexuais sobre tres mulleres que acudiron á súa consulta por diversas doenzas.


Así, la primeira delas presentaba un cadro de artrose cervical e problemas nun cóbado pero o médico, tras preguntarlle polo seu estado civil, indicoulle que se deitase na padiola, apartoulle o vestido e a roupa interior e, mentres lle palpaba as cadeiras, introduciulle os dedos (sen luvas de exploración) na vaxina.

Outra das pacientes tamén sufriu tocamentos, nese caso na zona exterior da vaxina, cando foi examinada, a pesar de que acudira ao servizo de Rehabilitación por un problema de cansazo nas pernas.

A terceira vítima acudiu á consulta por dor no trapecio e no pé izquierdou. O acusado palpoulle os peitos e indicoulle que acudise ao día seguinte, cando lle fixo unha punción seca nunha das mamas. Tras esta intervención, aplicoulle frío e unha masaxe nese peito.

O ministerio público sinala que, en todos os casos, o facultativo actuou "movido pola intención de satisfacer os seus desexos sexuais e aproveitando a facilidade que lle ofrecía a relación médico-paciente", e detalla que todas as mulleres sentiron "incómodas" co ocorrido e solicitaron ao Sergas o cambio de especialista.

PETICIÓN DE PENAS
Por estes feitos, a Fiscalía acúsao de tres delitos de abusos sexuais e pide que se lle aplique a circunstancia agravante de abuso de confianza, e que sexa condenado a un total de 13 anos de cárcere, así como a 6 anos de inhabilitación para exercer como médico.

Tamén reclama que se impoña a medida de liberdade vixiada durante 5 anos, a partir de que cumpra a pena de cárcere, e que se lle prohiba nese tempo achegarse ou comunicarse coas vítimas.


INDEMNIZACIÓNS PARA As VÍTIMAS

Finalmente, pide que indemnice (e que o faga, de maneira subsidiaria, tamén o Sergas) por danos morais, á primeira das pacientes en 6.000 euros, e ás outras dúas en 3.000 euros cada unha.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE