Zara e outras marcas de Inditex teñen sete tendas en Wuhan, epicentro do coronavirus, que xa chegou a Europa

Por agora, tras confirmar España dous casos negativos onte, Francia xa confirmou tres casos positivos.En China, o goberno xa confirmou 41 mortes, 15 delas anunciadas onte en Hubei, a provincia onde está Wuhan, urbe na que se detectou o inicio do brote.


|

O coronavirus xa está en Europa. Por agora, tras confirmar España dous casos negativos onte, Francia xa confirmou tres casos positivos.


En China, o goberno xa confirmou 41 mortes, 15 delas anunciadas onte en Hubei, a provincia onde está Wuhan, urbe na que se detectou o inicio do brote. O número de casos confirmados polas autoridades é de 1.200.


Zara in wuhan

Local de Zara nun centro comercial de Wuhan



A situación non parece mellorar, pois o China Daily, o diario oficioso do Goberno chinés publica imaxes dun grupo de militares camiño á zona. Son 285 médicos e enfermeiras procedentes de universidades e hospitais castrenses.


En España, a inexistencia de conexións de avión directas con Wuhan xoga en contra da expansión. Con todo, hai varias empresas españolas que teñen presenza na área máis afectada. Polo menos dous delas teñen presenza en Galicia.


Zara wuhan




Así, a Inditex posúe en Wuhan sete tendas, tres de Zara, dous Breshka, un Pull&Bearr e 1 Stradivarius.  De feito, na súa web de recursos humanos aparecen activas varias ofertas de traballo para Wuhan.


Non é de estrañar, pois China é o segundo mercado en número de comercios para o grupo de Amancio Ortega, con 527 establecementos. Un empeoramento de a crise -que xa forzou a pechar ao tránsito varias cidades nas que viven millóns de persoas- podería afectar negativamente as vendas do grupo galego, que por agora garda silencio.


Por outra banda, a multinacional Siemens Gamesa, que ten unha planta en Viveiro con centos de empregados, está a desenvolver un parque eólico na rexión da que Wuhan é capital. 



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE