(Vídeos) Un espectacular incendio consome unha nave de plásticos en Narón provocando unha gran nube sobre Ferrolterra

Un incendio afecta esta tarde a unha nave industrial de reciclaxe de plásticos e papel situada no polígono de Río do Pozo, no municipio de Narón.

|

As chamas consomen por completo unha fábrica de bolsas. Os bombeiros lograron que o lume non alcanzase a outras industrias pero o incendio causou unha fumareda visible a decenas de quilómetros de distancia.


Un incendio afecta esta tarde a unha nave industrial de reciclaxe de plásticos e papel situada no polígono de Río do Pozo, no municipio de Narón.


Incendio en Naru00f3n nunha imaxe de SUP Galicia


Incendio en Narón nunha imaxe de SUP Galicia


O lume afecta desde as 16,45 horas ao recinto situado no número 22 da Rúa Mariñeiros, e está a provocar unha intensa fumareda visible desde toda a comarca de Ferrolterra.


O 112 Galicia pasou o aviso a efectivos de Bombeiros, Policía Local, Policía Nacional e Urxencias Sanitarias, aínda que o inmoble foi evacuado e ningunha persoa resultou afectada polo fume ou as chamas.








Polo momento, os bombeiros de Narón e os de Ferrol atópanse no punto loitando contra as chamas, que afectan á totalidade do edificio e están próximas á estrada.





Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE