A Xunta subvenciona a comunicación da patronal para promocionar a "minería sustentable"
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou a resolución de dúas ordes de axudas dirixidas ao sector mineiro que supoñen un investimento de case 2 millóns de euros para impulsar un total de 51 proxectos e avanzar cara a un modelo "máis sustentable e con menores emisións de po e ruído".
Case 40.000 euros recibirá a Cámara Oficial Mineira de Galicia, que reúne a moitas das principais empresas mineiras do país, incluídas as que promoven a reapertura da mina de Touro, para lanzar un "plan de comunicación da minería sustentable de Galicia 2019".
Esta subvención foi publicada a semana pasada no Diario Oficial de Galicia (DOG). Xunto outras axudas do mesmo DOG, suman case 2 millóns de euros públicos para 51 proxectos. Segundo a Xunta, o obxectivo é un modelo "máis sustentable e con menores emisións de po e ruído".
AXUDAS A ENTES SEN ÁNIMO DE LUCRO
A primeira partida de 960.000 euros está destinada a un total de 10 entidades sen ánimo de lucro. Deles, 143.000 euros van para a Cámara Oficial Mineira, que xa recibiu subvencións en exercicios recentes.
Vídeo sobre a "minería sustentable" da Cámara subvencionado pola Xunta
Entre outros fins, para divulgar a idea da "minería sustentable" mediante unidades didácticas para nenos. Un apoio que suscitou críticas políticas e sociais. Por exemplo , a Confederación de ANPAS Galegas mostrou a súa "profunda preocupación" ante a presentación de "materiais supostamente educativos destinados a nenas e nenos de infantil, primaria e secundaria".
Uno dos membros da Cámara é Cobre San Rafael, a compañía instrumental de Atalaia Mining e Explotacións Galegas para reabrir a polémica mina de Touro - O Pino.
Para a Xunta, o diñeiro publico destínase a "accións para mellorar as prácticas preventivas e respectuosas co medio ambiente e coa recuperación e posta en valor da historia da minería en Galicia e do seu patrimonio".
Ademais, unha segunda partida de máis de 930.000 euros ten como obxectivo impulsar 33 proxectos de 25 empresas privadas para reducir as emisións de po e ruído. Deste xeito, buscarase mellorar as condicións ambientais e laborais do sector mineiro.
Escribe o teu comentario