​'Enfermeiras eventuais en loita’ dedica a última protesta do ano aos pacientes

A protesta do colectivo está encadrada na campaña ‘#12meses12loitas’ e terá lugar o próximo 12 de decembro ás 12 horas en hospitais e centros de saúde. 


|

A protesta do colectivo está encadrada na campaña ‘#12meses12loitas’ e terá lugar o próximo 12 de decembro ás 12 horas en hospitais e centros de saúde.


Concentración de 'Enfermeiras eventuais en Loita', con participación das deputadas do PSdeG Patricia Otero e Ana Prieto.

Protesta da plataforma


O colectivo ‘Enfermeiras eventuais en loita’ vén de anunciar a que, previsiblemente, será a última convocatoria do ano. A plataforma chama a mobilizarse o próximo 12 de decembro en defensa dos enfermos “pois son o eixo dos nosos coidados e peza fundamental do noso facer”.


O fin último das nosas mobilizacións é ter ese intre para estar contigo, cando os pensamentos máis negativos non deixan espazo para nada máis. Loitamos por aumentar a confianza que tes nolos nosos coidados,  achegando tranquilidade nos momentos de  incerteza e dor”, manifesta a plataforma no seu comunicado.




A convocatoria, para as 12 horas ante hospitais e centros de saúde, está enmarcada na campaña ‘#12meses12loitas’ do colectivo. “Ti sabes que nós imos estar aí, porque a prioridade é coidar de ti, porque ti es a nosa loita”, sentencia o colectivo. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE