(VÍDEO) Resposta multitudinaria a folga dos alumnos de Medicina; o decano Julián Álvarez: "Estamos todos no mesmo barco"

A facultade de Medicina de Santiago plantouse este martes ante os problemas do centro. Galiciapress recolleu as súas denuncias e o alumnado baleirou as aulas este martes nunha xornada de paro, concentracións e reivindicacións para tentar que lla Universidade de Santiago aborde as carencias que sofre tanto a docencia e a organización das clases como o estado do inmoble.


|

A facultade de Medicina de Santiago plantouse este martes ante os problemas do centro. Galiciapress recolleu as súas denuncias e o alumnado baleirou as aulas este martes nunha xornada de paro, concentracións e reivindicacións para tentar que lla Universidade de Santiago aborde as carencias que sofre tanto a docencia e a organización das clases como o estado do inmoble.




O apoio superou as expectativas da propia Asemblea de Aberta de Medicina. Unha dos portavoces do alumnado trasladou a Europa Press o "incrible" éxito da convocatoria, dado que Medicina é unha facultade "difícil de mobilizar" pola cantidade de traballo que deben afrontar os estudantes ao longo do curso.

"Conseguimos baleirar todas as aulas. Á primeira hora da mañá non había ninguén en primeiro, segundo, terceiro... e en cuarto e quinto algunha persoa", explicou, ante un corredor "repleto de xente motivada" protagonizando unha sentada nas escaleiras principais do centro para denunciar a situación e as dificultades que afrontan pola organización de clases e de materias.


Sentada de alumnos de Medicina de SantiagoInterior da facultade

Mentres, lvos representantes e delegados do alumnado participarán nunha reunión co decanato da Facultade para abordar as reivindicacións e denuncias que expoñen. Doutra banda, tamén estaba previsto un encontro co reitor, Antonio López, ou un representante da rectoría.

DESORGANIZACIÓN DOCENTE

Os estudantes denuncian a falta de prácticas "útiles", debido a que moitos "ou non se imparten" ou se fan "como expositivas", polo que dificulta a adquisición dese "coñecemento práctico" que necesitan para formarse teniendo en cuenta a carreira que cursan e o seu futuro laboral.

A iso sumaron a "mala organización docente, os horarios abusivos" e a inxusta ponderación e requisitos para aprobar determinadas materias, nas que se esixen un sete que se convertería nun cinco. Isto sitúa ao alumnado "nunha clara desvantaxe" respecto a outras facultades á hora de presentarse ao MIR ou para optar a bolsas de estudo.

Doutra banda, esta representante do alumnado denunciou o caso dalgúns estudantes de 5º que teñen que desprazarse a centros de Rianxo ou Ribeira, entre outros, en transporte público e custeándollo eles mesmos, o que lles supón gastos de "máis de 200 euros ao mes", un custo "inasumible para un alumno".


"ESTAMOS NO MESMO BARCO"

O decano de Medicina, Julián Álvarez, recoñeceu que parte dos problemas denunciados polos estudantes existen e que "hai cousas nas que teñen razón", mostrándose disposto a "buscar solucións".

"Hai unha presencialidad excesiva, certos problemas de absentismo de profesores por problemas de coordinación, hai aulas que non están excesivamente ben mantidas, gustaríanos ter máis recursos para mellorar a docencia", recoñeceu, asegurando que están "no mesmo barco".


Foto asolaga folga

Os manifestantes encheron os corredores do centro | Foto: @anegaestudantes


Álvarez lembrou, ademais, que está problemática non se deu "este curso", senón que vén herdada doutros anos, debido a que se vive nun sistema "bicameral" no que o decanato ten "poucas competencias" e os diferentes departamentos son "illas" nas que recae a "responsabilidade" da docencia.

"Son costumes ascentrales que se foi mantendo e non fomos capaces de modificar", recoñeceu, aínda que asegurou que están dispostos a "buscar solucións", abordando as cuestións "punto por punto" e que respectan "exquisitamente o dereito a folga e manifestación".

"Pero teñen que entender que o seu ritmo e o noso é distinto", matizou, debido a que hai un sistema e unha normativa que teñen que "cumprir" e que ás veces "o tempo é diferente" e a administración "vai moito máis lenta" que as necesidades dos estudantes.

Neste sentido, recoñeceu será "moi difícil" abordar peticións como a coincidencia de materias entre cursos, sobre todo "nunha facultade tan sobrecargada" e ten un número de aulas determinadas que dificultan esta medida.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE