Siemens Gamesa anuncia 600 despedimentos, o que aumenta a preocupación pola súa planta galega

Siemens Gamesa, con planta nas Somozas (A Coruña), obtivo un beneficio neto de 140 millóns de euros no seu exercicio fiscal 2019, o que supón duplicar as ganancias do ano anterior, e anunciou un programa para recortar o seu persoal en 600 empregados en todo o mundo durante os próximos dous anos, segundo informou a compañía á Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV).

|

Hai meses que os traballadores de Siemens-Gamesa  en As Somozas (A Coruña), uns 350 o ano pasado, a oertan do risco que corre a actividade na fábrica. Risco que agora crece co anuncio do grupo alemán de reducir persoal a nivel global, sen concretar aínda onde.


Siemens Gamesa, con planta nas Somozas (A Coruña), obtivo un beneficio neto de 140 millóns de euros no seu exercicio fiscal 2019, o que supón duplicar as ganancias do ano anterior, e anunciou un programa para recortar o seu persoal en 600 empregados en todo o mundo durante os próximos dous anos, segundo informou a compañía á Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV).


Planta de Gamesa As Somozas


O grupo, que recentemente pechou a adquisición de activos da alemá Senvion, indicou que esta redución afectará fundamentalmente á unidade de negocio 'Onshore' e a áreas corporativas e que as negociacións cos representantes dos traballadores comezarán esta mañá coa perspectiva de alcanzar un acordo nas próximas semanas.


Siemens Gamesa sinalou que, a pesar das súas boas perspectivas, "a presión de prezos está a afectar as marxes da industria eólica e consecuentemente a rendibilidade dos fabricantes".

No último trimestre do exercicio, as ganancias do fabricante de aeroxeradores ascenderon a 52 millóns de euros, cun incremento do 104% respecto ao mesmo período do ano anterior.

As vendas do grupo nado da fusión de Gamesa coa división eólica de Siemens no exercicio 2019 ascenderon a 10.227 millóns de euros, cun crecemento do 12%.

No cuarto trimestre do exercicio a facturación da compañía ascendeu tamén un 12%, alcanzando os 2.944 millóns de euros, impulsada polo alto volume de actividade 'onshore'.

Pola súa banda, o Ebit pre 'PPA', custos de integración e reestruturación de Siemens Gamesa a peche do exercicio creceu un 4,6%, ata os 725 millóns de euros.

CARTEIRA DE PEDIDOS RÉCORD
Ademais, o grupo pechou o seu ano 2019 cunha carteira de pedidos récord de 25.507 millóns de euros (+12%) grazas á forte entrada de pedidos de 12.700 millóns de euros (+7.4%).

A empresa rexistrou unha forte entrada de pedidos en 'Onshore', con 9.389 megawatts (MW), sendo os mercados de Estados Unidos (27%) e India (20%), seguidos por Chile e China, cun 7% cada un, os que máis contribuíron.

Mentres, a unidade de negocio 'Offshore' creceu a dobre díxito (+10,9%), impulsada por novos mercados como Taiwan, onde se pecharon pedidos en firme por 1,5 gigavatios (GW).

Pola súa banda, os pedidos de Servizos, que representa o 47% da carteira de pedidos da compañía, aumentaron un 13,4% no ano fiscal 2019, ata 2.715 millóns de euros.

O conselleiro delegado de Siemens Gamesa, Markus Tacke, destacou que estes resultados "mostran como nos estamos adaptando con éxito a un sector cambiante e que a nosa estratexia L3AD2020 está na senda correcta para reforzar o noso liderado na industria e un crecemento sustentable a longo prazo".

2020, UN ANO DE "TRANSICIÓN"
Con todo, o grupo advirte de que os factores adversos que afectan á industria eólica manteranse no curto prazo, "a pesar das boas perspectivas de futuro" e considera que o exercicio 2020 será "un ano de transición", cunhas vendas entre 10.200 e 10.600 millóns de euros e unha marxe Ebit entre 5.5-7% .

A longo prazo, Siemens Gamesa, que celebrará o seu 'Capital Markets Day' no primeiro semestre de 2020, espera alcanzar unha marxe Ebit do 8-10% a partir do exercicio 2022.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE