Pesar no fútbol sala galego pola morte dun xogador durante un partido

A Federación Galega de Fútbol sala confirmou que este sábado faleceu un xogador do Baíña, un equipo baionés, mentres se atopaba disputando un partido contra o Gándara Gullarei, en Tui (Pontevedra).

|

A Federación Galega de Fútbol sala confirmou que este sábado faleceu un xogador do Baíña, un equipo baionés, mentres se atopaba disputando un partido contra o Gándara Gullarei, en Tui (Pontevedra).


Futbol sala

Un partido de futsal


Tanto a institución como o equipo de falecido lamentaron a perda do xogador de 41 anos que "sufriu unha indisposición" mentres xogaba "e nada se puido facer por salvarlle a vida".

Así o relata un comunicado que a Federación publicou a pasada noite, despois de que sucedesen os feitos. Pola súa banda, o equipo trasladou a súa condolencias e o pésame á familia a través das redes sociais.

Quixeron lembrar que sempre os "recibía con alegría e un sorriso". Ademais de xogador, M.V.G, era porteiro, directivo e compañeiro do equipo C do Baíña Fútbol sala.
A noticia deixou "consternados" tanto ás institucións do ámbito futbolístico como a outros equipos, que a través das redes sociais, trasladaron o seu apoio á familia e amigos do xogador, así como a todo o equipo de Baiona.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE