A Fiscalía debe acusar de terrorismo aos detidos nos disturbios de Cataluña, pide o SUP

O principal sindicato na Policía Nacional en Galicia e un dos máis importantes a nivel estatal argumenta que os incidentes están relacionados coas detencións previas de CDR acusados de acumular explosivos. Pide que os detidos queden en prisión preventivamente ante o risco de que reincidan nos ataques rueiros.


|

O principal sindicato na Policía Nacional en Galicia e un dos máis importantes a nivel estatal argumenta que os incidentes están relacionados coas detencións previas de CDR acusados de acumular explosivos. Pide que os detidos queden en prisión preventivamente ante o risco de que reincidan nos ataques rueiros.


O Sindicato Unificado de Policía (SUP) instou mediante un escrito enviado á Fiscalía Xeral do Estado que se acuse por terrorismo aos detidos polos disturbios en Catalunya en protesta pola sentenza do Tribunal Supremo contra os líderes do procés.


Suppoliciaherido

Axente de Vigo, membro do SUP, ferido de gravidade en Barcelona


Este sindicato pide dúas medidas urxentes: unha, que as fiscalías territoriais de Catalunya insten medidas provisionais de ingreso en prisión "debido ao perigo de reiteración do delito" e, ademais, que a Fiscalía da Audiencia Nacional estude no seu conxunto "todos os atestados instruídos nestes días para formular acusación por terrorismo".


En contra da tese que mantén o ministro do Interior en funcións, Fernando Grande-Marlaska, o SUP sostén que o ocorrido estes días "non é un mero problema de orde pública", xa que os incidentes violentos son planificados, coordinados e "buscan matar a un axente". 


Neste sentido, relaciónao coa operación na que se detivo a nove membros dos Comités en Defensa da República (CDR) acusados por delitos de terrorismo.


"Atopámonos máis preto dun movemento insurreccional, que busca segregar unha parte do Estado con tácticas terroristas, que de algaradas espontáneas ou aleatorias", sinalou o SUP, que anuncia a súa comparecencia como acusación particular nos procedementos xudiciais.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE