Avespas velutinas matan a un veciño de Pantón (Lugo), cuarto falecido por estes insectos en dous anos

Un veciño do municipio de Pantón (Lugo) de 67 anos de idade faleceu tras sufrir múltiples picaduras de avespas velutinas ao atoparse cun niño cando rozaba unha leira.

|

Xa van polo menos catro falecidos nos últimos dous anos por picaduras deste insecto foráneo. O último morto, como os outros casos, estaba a realizar traballos forestais, en concreto rozando unha leira. 


Un veciño do municipio de Pantón (Lugo) de 67 anos de idade faleceu tras sufrir múltiples picaduras de avespas velutinas ao atoparse cun niño cando rozaba unha leira.


As outras mortes das que se teñen constancia sucederon en circunstancias similares, labores agrícolas.


TRES MORTES COMPROBADAS E UNHA SOSPEITOSA

En outubro de 2017 un veciño de Cariño foi atacado mentres recollía mazás. En novembro de 2017 un home que estaba a rozar e cortando unha maceira foi atacado e morreu no Porriño. En agosto de 2014 faleceu unha muller na súa leira de Cuntis, aínda que se sospeita que a atacaron avespas tanto autóctonas como veluinas.  Ás velutinas si se lles atribuíu a morte dun home de Viveiro de só 43 anos cando estaba estaba a rozar unha leira en xullo de 2018. 


Dado que parece improbable que se disparou o número de galegos alérxicos ás picaduras destes insectos, todo parece indicar que a raíz do aumento dos falecementos é o evidente avance da velutina. Avance que, a pesar do investimento público en retirar os niños, continúa.


O alcalde da localidade de Pantón, José Luis Álvarez Blanco, relatou que os feitos sucederon na tarde do pasado venres 18 cando o home, recentemente xubilado, "facía tarefas de campo", resume Europa Press.


Avispaasiaticavelutina 1

Avespa velutina


O rexedor sinalou que o hombre foi rozar unha leira na que había unhas silvas onde se ocultaba un niño de velutinas e "ao darlle", baixouse do tractor e "foise correndo", pero, lamenta o alcalde, "non deu escapado".


A vítima chegou a pedir axuda a outras persoas que se atopaban nun local próximo. "Pediu axuda, pero esborrallouse na estrada", lamentou José Luis Álvarez. "Non sabemos se era alérxico", abundou o rexedor en relación ás picaduras de avespa, que concretou que acudiu persoal sanitario do 061 ao lugar, pero o veciño xa falecera.

"A Xunta TARDA DÚAS SEMANAS EN RETIRAR Os NIÑOS"

Tras o sucedido, un técnico municipal procedeu, co traxe de seguridade pertinente, a facerse cargo do tractor que quedara aceso e a retirar o niño de velutinas.


"Facémolo nós e temos un traxe especial", destacou o alcalde sobre a retirada de niños de avespas velutinas no municipio porque "a Xunta tarda dúas semanas".

Con todo, José Luis Álvarez indicou que foi a "primeira vez" que falece un veciño do municipio por picaduras de velutinas, polo que chamou a "non alarmar".

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE