A "medida estrela" de Feijóo: as herdanzas por baixo do millón quedarán exentas de impostos
Esta medida só será aplicable ás herdanzas entre familiares directos e só aquela que de menos dun millón de euros. A Xunta sostén que esta medida "beneficiará" ao "99,9%" dos galegos.
Esta medida só será aplicable ás herdanzas entre familiares directos e só aquela que de menos dun millón de euros. A Xunta sostén que esta medida "beneficiará" ao "99,9%" dos galegos.
Feijóo durante o Consello de Ministros
Así o anunciou o presidente da Xunta Alberto Núñez Feijóo durante a presentación dos Orzamentos para 2020. Esta é a "medida estrela" que viña anunciando o goberno galego para estes orzamentos autonómicos, que están dotados de 10.149 millóns (un 3% máis), aínda que nun principio estaban fixados en 10.160 millóns.
Desde Facenda explicaron que eses 11 millóns perdidos débense á inclusión de rebaixas fiscais, entre elas a eliminación do imposto de sucesións e doazóns, que a partir do 1 de xaneiro do próximo ano "só pagará o 0,1% dos galegos", tal e como destacou Feijóo.
MÁIS REBAIXAS
Na mesma liña, desde a Xunta anunciaron a baixada de impostos sobre transmisións patrimoniais para compra de vivenda no rural, "no 94 por cento" de Galicia. Desta forma, se baixa ata o 5% a tributación na habitual, cando antes era do 7%, mentres que en segunda vivenda redúcese do 10% ao 6%.
No relativo ao IRPF, Galicia será a "primeira comunidade" cunha "dedución verde" de 1.500 euros. A intención desta medida é " mellorar a eficiencia enerxética das vivendas".
Tamén se inclúen deducións para cooperativas e sociedade laborais, así como para bolsas de deportistas de alto nivel.
Escribe o teu comentario