​Queixas dos antidisturbios galegos desprazados en Cataluña pola comida no Prat

A 8ª Unidade de Intervención Policial, con sede na Coruña, atópase desprazada en Cataluña no despregamento de seguridade da Policía Nacional con motivo da sentenza do Procés. Desde o SUP quéixanse de que os alimentos proporcionados aos antidisturbios son insuficientes. 


|

A 8ª Unidade de Intervención Policial, con sede na Coruña, atópase desprazada en Cataluña no despregamento de seguridade da Policía Nacional con motivo da sentenza do Procés. Desde o SUP quéixanse de que os alimentos proporcionados aos antidisturbios son insuficientes.


Menu00fa sup

Caixa con comida para a Policía Nacional


"A alguén se lle debe caer a cara de Vergoña", denuncia o Sindicato Unificado de Policía de Galicia, que lamenta as condicións nas que se atopan os seus compañeiros da 8ª UIP desprazada no aeroporto do Prat e encargada de manter a seguridade na terminal, onde onte canceláronse máis dun centenar de voos.


Desde o SUP denunciaron que o alimento que proporcionaron á unidade, como se ve na imaxe, constaba dunha bolsa de patacas fritas, pan de molde, unha botella de auga, unha mazá e un yogurt. Os policías tamén se fixeron eco de que moitos estiveron directamente sen comer ou sen cear mentres outros se tiveron que custear a súa propia comida.


O "menú" parece ser o mesmo para todas as unidades despregadas no Prat. Ademais, desde o sindicato tamén denuncian o "excesivo número de horas de servizo" que cifran entre 20 e 21 horas, con "menos de 8 horas de descanso".  


XORNADA DE TENSIÓN

No aeroporto barcelonés viviuse onte unha xornada de tensión polas protestas do movemento 'Tsunami Democratic' que chamou aos manifestantes para colapsar o aeroporto do Prat. Ante esta situación, os Mossos e Policía Nacional iniciaron cargas contra os manifestantes congregados no vestíbulo.


Co paso das horas, os disturbios trasladáronse ás inmediacións do complexo aeroportuario, onde os manifestantes arroxaron obxectos aos Mossos, que responderon con máis cargas para reprimir aos centos de persoas alí congregadas.


Segundo fixo pública a conta de SUP, 40 policías nacionais e mossos sufriron algunha lesión no día de onte.



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE