Todo preparado en Santiago para o seminario sobre a xeración eléctrica distribuída de Naturgy

A Fundación Naturgy trae este martes 8 de outubro á capital galega unha xornada sobre a xeración eléctrica distribuída no Hotel AC Palacio do Carmen. 


|

A Fundación Naturgy trae este martes 8 de outubro á capital galega unha xornada sobre a xeración eléctrica distribuída no Hotel AC Palacio do Carmen.


Naturgy

A Fundación Naturgy organiza o evento


A xeración eléctrica distribuída, ou o que é o mesmo, a produción de electricidade de forma descentralizadas e o máis preto posible do cliente, será obxecto de debate este martes 8 de outubro no Hotel AC Palacio do Carmen de Santiago de Compostela. O obxectivo da xornada é "poñer en común a regulación, impactos e grao de implantación nos ámbitos residencial, terciario e territorial".


Á cita, que arrinca ás 9 horas, acudirán expertos tanto nacionais como internacionais, coa presenza do director xeral de Enerxía e Minas da Xunta de Galicia, Anxo Bernardo Tahoces, e Maria Eugenia Coroado, directora xeral da Fundación Naturgy.


Ademais, Pablo Frías, da Universidade de Comillas, Raúl Suárez, director de Redes de Electricidade de España ou Juan Bogas, director de Seguimento do Mercado, serán algúns dos relatores deste encontro, onde se avanzará cara ao futuro e a eficiencia da enerxía eléctrica. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE