​'Galicia, un futuro sen carbón' pide negociacións entre os implicados para o peche das Pontes en 2025 "como moi tarde"

A plataforma 'Un futuro sen carbón' emitiu un comunicado no que "lamenta o apoio teimudo" por parte da Xunta, Parlamento de Galicia, Deputación da Coruña e Concellos da área de influencia da central térmica das Pontes, "unha das 20 maiores fábricas europeas de crise climática". 


|

A plataforma 'Un futuro sen carbón' emitiu un comunicado no que "lamenta o apoio teimudo" por parte da Xunta, Parlamento de Galicia, Deputación da Coruña e Concellos da área de influencia da central térmica das Pontes, "unha das 20 maiores fábricas europeas de crise climática".


Carbón

Protesta contra o uso do carbón na industria enerxética


Desde a plataforma mantiveron sempre a súa negativa para prolongar a vida da planta de Endesa, considerando o mantemento da súa actividade "unha posición climáticamente irresponsable e ademais condenada ao fracaso" despois das pautas marcadas pola Unión Europea para ir eliminando o uso do carbón como combustible. Por ese motivo, propoñen unha negociación entre as partes "con medidas de transición xusta para os traballadores e traballadoras e de xeración de alternativas económicas ecoloxicamente sustentables nas Pontes e a súa contorna" e para acordar o peche da central "como moi tarde en 2025".  


"O que fai falta é acordar un peche planificado e rápido, acompañado de medidas de transición xusta que non deixen desprotexidos aos traballadores e traballadoras", sinalan desde a plataforma. Á súa vez, critican a iniciativa do Parlamento galego de demandar ao Goberno de España axudas e exencións fiscales para a electricidade xerada con "o combustible máis sucio". Ademais, para a plataforma a petición do parlamento autonómico de solicitar "unha retribución específica para a queima de biomasa forestal" é unha medida que "sen dúbida favorecerá a eucaliptización".


A plataforma aproveita para criticar á Deputación da Coruña, que apoiou de forma pública a solicitude do Parlamento de Galicia. "As pretensións iniciais de prorrogar a vida da central de carbón das Pontes ata 2045 eran pura fantasía trumpiana", advirte a plataforma, que tampouco considera realista "que poida funcionar ata 2030". "Os anos da térmica de carbón das Pontes están contados", resolve a plataforma, equiparando o impacto ambiental da planta ao que ten un país como Uruguai en todo o seu conxunto.  


A Xunta, DEPENDENTE DE MADRID

Pola súa banda, desde a Xunta o Director Xeral de Enerxía e Minas, Anxo Bernardo Tahoces, quixo mandar unha mensaxe de calma aos transportistas de carbón da central térmica, expoñendo que desde o Goberno galego han "consensuado unha folla de roteiro" e que xa se elevou un documento oficial que "fará valer" ante Endesa e o Ministerio para a Transición Ecolóxica.


Tahoces asegurou que desde a Xunta traballan para devolver á térmica á súa actividade normal e "para que non se perda ningún emprego nin directo nin indirecto", aínda que recalcou que todas as decisións transcendentais en torno ao futuro da factoría tomaranse desde Madrid.


Na súa intervención, respondendo as cuestións do BNG sobre a incerteza que xera a situación nas Pontes e a actitude de Endesa, Tahoces aproveitou para reivindicar o proceso de modernización enerxética e descarbonización de Galicia e celebrou que o 38% do consumo enerxético é renovable na Comunidade, o que significa que "cumpre os deberes" postos pola Unión Europea mesmo para o ano 2030.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE