O cartel das festas de San Froilán 2019 de Lugo inclúe case 50 concertos
Una das citas máis concorridas do outono galego ofrece ao público, ademais de desgustar o tradicional polbo, unha ampla oferta musical, incluído o San Froilán Miúdo con 12 actuacións.
Reunión da comisión de festas este venres
CASE 50 CONCERTOS
Diso informou este venres a edil de Cultura de Lugo, Maite Ferreiro, tras a reunión da comisión de festas con motivo do San Froilán 2019, festexos durante o que haberá 49 concertos na cidade.A concelleira destacou que na Horta do Seminario haberá un total de seis grandes actuacións, ás que se sumarán outras 27 na Praza de Santa María. Ademais, organizaranse 16 concertos noutros emprazamentos e haberá catro espectáculos de bandas, así como de charangas e animacións de rúa.
MÚSICA NA PRAZA DO SEMINARIO
Entre os artistas anunciados para a Praza do Seminario, a edil destacou as actuacións de Javier Gurruchaga e Miguel Costas na Praza do Seminario, onde Sés será a encargada de abrir as festas o día 4 de outubro.Ademais, destacou que o grupo Mastodonte, liderado polo actor Asier Etxeandia, e as galegas Tanxugueira ofrecerán senllas actuacións na Praza do Seminario.
PREGÓN E OFRENDA A ROSALÍA
Maite Ferreiro anunciou tamén que a comisión de festas nomeou aos Pelúdez como pregoeiros e a María Reimóndez como oferente a Rosalía.
"Os Pelúdez xa son un símbolo tanto das festas como de Lugo, e este ano quixemos que fosen eles os encargados de dar inicio ao San Froilán", apuntou para destacar que a escritora lucense María Reimóndez será a encargada da ofrende a Rosalía de Castro que terá lugar o 6 de outubro.
Escribe o teu comentario