O novo produto sospeitoso de causar listeriosis non chegou a Galicia, di a Xunta

|

Xa son máis de 210 os afectados, cun novo posible caso de aborto forzado. "Sabores de  Paterna" é a nova marca no punto de mira das autoridades.


A Consellería de Sanidade asegurou que o produto obxecto da nova alerta alimentaria por listeriosis de Andalucía, en relación á carne mechada de márcaa 'Sabores de Paterna', non foi comercializado en Galicia.


Infografía que mostra os casos de listeriosis en España.


Diso informou o departamento autonómico nun comunicado, no que sinala que a Xunta está en permanente contacto coa Axencia Española de Seguridade Alimentaria e Nutrición (AESAN) a través do Sistema Coordinado de Intercambio Rápido de Información, órgano que confirmou que o produto non se comercializou na Comunidade galega.

Así mesmo, lembrou que son os operadores comerciais os responsables de identificar os perigos dos alimentos que comercializan e adoptar as medidas de control necesarias para eliminalos ou reducilos a niveis aceptables para a saúde.

COMO FUNCIONAN AS INSPECCIÓNS DE SAÚDE PÚBLICA?

Ademais, apuntou que os servizos de inspección da Dirección Xeral de Saúde Pública son os encargados de verificar que os operadores comerciais cumpren coas súas obrigacións, o que inclúe controis oficiais como as inspeccións, as auditorías e a mostraxe aleatoria e análise de alimentos para comprobar que as empresas cumpren os requisitos legalmente establecidos.

No caso contrario, a Xunta asegurou que levan a cabo as medidas necesarias para que o fagan. Estas verificacións realízanse a través das inspeccións que se fan dentro da execución do Plan nacional de control da cadea alimenticia en Galicia.

Conforme sinalou Sanidade, este plan ten unha serie de obxectivos xerais, como comprobar que os alimentos que chegan á cidadanía son seguros e de calidade, facilitando a promoción da industria e eliminando ou reducindo a niveis aceptables os riscos presentes nos alimentos.

Entre os obxectivos, así mesmo, está a defensa dos dereitos dos consumidores, ademais de garantir un elevado nivel de calidade aluimentaria; así como o cumprimento dos requisitos de información alimentaria obrigatoria.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress