Vánselle todos os edís do seu grupo pero o alcalde de Monterroso di que gobernará "por decreto"

O alcalde de Monterroso, o independente Antonio Gato, gobernará só e a base de "decretos", sen xunta de goberno, tras a marca dos seus tres concelleiros ao grupo de non adscritos.

|

O histórico ex-socialista Antonio Gato queda só no Goberno e dá a entender que busca un pacto co PP, aguantando ata que lle presenten unha moción de censura


Gato, un dos dirixentes históricos do PSOE de Lugo, portavoz no Parlamento de Galicia e na Deputación, presentouse baixo as siglas de Independentes de Monterroso o 26 de maio.


Antonio gato ex alcalde de monterroso

Antonio Gato


Nos comicios logrou catro concellerías fronte a tres do PSOE, 3 do PP e uno Compromiso de Galicia e logrou ser investido cos votos dos populares.


O rexedor enfróntase agora a un escenario en solitario tras a marcha dos concelleiros ao grupo de non adscritos. Neste sentido, mostrouse "absolutamente" convencido de que este feito polo seu intento de buscar "un goberno de coalición co Partido Popular", co obxectivo de que a Xunta "financie proxectos que son o futuro do concello".


"Hai algúns que me acompañaban que vían reducidas as súas posibilidades (con ese pacto de goberno co PP)", interpreta, e advertiu de que seguirá de alcalde "ata que haxa unha moción de censura"-


"O decreto vai ser o meu procedemento de goberno do municipio, para calquera circunstancia que necesiten os veciños e veciñas asinarei decretos e con ese instrumento gobernarei en Monterroso, da mellor forma posible, da forma máis transparente posible e coa maior eficacia que eu poida", comprometía finalmente.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE