Controis do corpo especial da Garda Civil na AP-9
A citada unidade e os Grupos de Acción Rápida dependentes están especializados na loita contra o terrorismo e teñen base en Logroño, pero Interior úsaos con outras finalidades en operacións rápidas que poidan entrañar algún perigo.
Os condutores que circulaban na tarde do sábado pola Autoestrada do Atlántico sufriron retencións debido a controis da Garda Civil. Numerosos axentes dun corpo especial, probablemente a Unidade de Acción Rural, despregaron puntos de vixilancia nos dous sentidos.
A Delegación do Goberno aínda non informou do resultado do dispositivo. Debido á presenza de cans e de axentes con armas longas, é probable que a operación teña que ver coa loita contra o narcotráfico galego.
A citada unidade e os Grupos de Acción Rápida dependentes están especializados na loita contra o terrorismo e teñen base en Logroño, pero Interior úsaos con outras finalidades en operacións rápidas que poidan entrañar algún perigo.
Escribe o teu comentario