As cifras da ONCE en Galicia: máis de 2.100 empregos e 9 millóns ao ano de investimento social


A nivel español, o Grupo Social ONCE di ser responsable o pasado exercicio dun de cada 195 contratos xerados en España, un de cada 191 ocupados por mulleres. Un persoal total de 71.393 traballadores e traballadoras, o 58% con discapacidade e 30.217 mulleres (42,3%). 


|

O grupo ONCE presentou hoxe as súas cifras nun acto organizado na Coruña. Varias delas provocan vertixe, principalmente os 2.137 empregos que a organización asegura mantén en Galicia.


A nivel español, o Grupo Social ONCE di ser responsable o pasado exercicio dun de cada 195 contratos xerados en España, un de cada 191 ocupados por mulleres. Un persoal total de 71.393 traballadores e traballadoras, o 58% con discapacidade e 30.217 mulleres (42,3%).



Once galicia

Presentación do Informe de Valor Compartido do Grupo Social ONCE, que tivo lugar esta mañá na Coruña a cargo do delegado territorial de ONCE en Galicia, Manuel Martínez Pan e do presidente do Consello Territorial ONCE-Galicia, Carlos Fernández Lamigueiro


Un nivel de emprego que se mantén grazas a unhas vendas, que no caso do xogo en Galicia, subiron un 9,64% o ano pasado. De cada euro ingresado por un cupón vendido o 53,7% destínase a premios (uns 1.160 millóns de euros); un 22,5% a pago de salarios dos axentes vendedores; un 13,4% a gastos de xestión do xogo; e un 10,4% (225 millóns de euros) a acción social directa para persoas cegas e con outra discapacidade; explica o colectivo.


Na autonomía, o investimento directo en cuestións sociais chegou aos 9 millóns o ano pasado. A ONCE deu acollida e deseñado unha acción a medida para  153 pesonas que perderon a vista en 2018 en Galicia; entregou gratis 40 cans guía e deu cobertura completa a 352 galegos nos seus estudos.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE