Motorista morre tras chocar contra un coche en Salvaterra
Un motorista resultou falecido na noite deste venres ao chocar contra un turismo na estrada que une a localidade pontevedresa de Salvaterra con Salceda, á altura da parroquia de Cabreira.
O finado, que vivía en Tui, faleceu no lugar debido á virulencia do impacto lateral nunha incorporación
Un motorista resultou falecido na noite deste venres ao chocar contra un turismo na estrada que une a localidade pontevedresa de Salvaterra con Salceda, á altura da parroquia de Cabreira.
Imaxe do accidente tomada pola TVG
O suceso ocorreu ao redor das 22,00 horas deste venres, cando a colisión entre ambos os vehículos acabou coa vida do motorista. Segundo a información facilitada polo 112 Galicia, foi a única vítima do sinistro, no cal, ademais dos profesionais do 061-Urxencias Sanitarias, tamén interviñeron os Bombeiros do Baixo Miño, ante a posibilidade de que o falecido estivese atrapado.
Finalmente, comprobaron que o home estaba liberado e accesible e, por tanto, descartaron a súa actuación. Igualmente, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) informouse os Bombeiros de Ponteareas e aos axentes da Garda Civil de Tráfico.
Escribe o teu comentario