Non só de música vive o cartel do Festigal 2019: 10 novidades editoriais presentaranse nesta edición

Ademais dos concertos da Banda Bassotti e outras bandas, o campus sur acollerá a presentación de ata 10 novidades editoriais.


|

O Festigal, a cita cultural de referencia ao fío do Día Nacional de Galicia, presenta este ano unha ampla programación literaria. Ademais dos concertos da Banda Bassotti e outras bandas, o campus sur acollerá a presentación de ata 10 novidades editoriais.


O público terá a oportunidade de dialogar con autores como Suso de Toro e Ledicia Costas, que presentan Fóra de Si; Carlos Lixó, As Casas; Antía Yañez, Senlleiras ou Daniel Asorey e Susana Sánchez Arins, que presentan Transmatria. A Casa Museo de Manuel María e a revista Terra e Tempo presentarán respectivamente Manuel María. Obra teatral e Resistencia e expansión cultural. Crónica do movemento cultural galego na ditadura (1961-1976). Todas as presentacións serán na tarde do 25 de xullo cada media hora a partir das 17 horas.



Lediciacostas

Ledicia Costas


A oferta musical, que é a que adoita congregar máis público, estará liderada polos italianos Banda Bassotti, referentes do punk-rock reivindicativo en Europa. 


Brassica Rapa, Arrhythmia e De Ninghures completan a oferta para a longa noite do 24, mentres que o 25 os escesos poderanse mitigar ao ritmo de Güintervan, DudeCan e Pandereteiras de Verducido.


A organización, liderada por Galiza Nova e a Fundación Galiza Sempre, ofrece tamén un especio de acampada no campus, por só 4 euros.



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE