Dúas persoas resultan feridas nunha saída de vía en Pazos de Borbén

En Santiago, un choque entre un turismo e un camión cisterna no Polígono Costavella saldouse sen feridos.

|

En Santiago, un choque entre un turismo e un camión cisterna no Polígono Costavella saldouse sen feridos.


Ambulancia




Dúas persoas resultaron feridas ao saírse da estrada o vehículo que conducían pola PO-250, ao seu paso polo municipio pontevedrés de Pazos de Borbén.


Segundo informa o CIAE 112, o accidente ocorreu na zona da Ermida, preto do edificio do Concello. Foi precisa a intervención dos bombeiros para liberar a un dos dous ocupantes, debido a que se quedou atrapado no interior do turismo.


Foi un particular o que informou do suceso ao 112 a través dunha chamada ás 17,00 horas na que solicitaba asistencia para os dous feridos. Ademais, incidaba que un deles precisaría axuda para saír do coche.


Seguidamente, a central de emerxencias alertou ao 061-Urxencias Sanitarias, aos bombeiros do Porriño e de Vigo, e aos axentes da Garda Civil de Tráfico.


Despois de que unha das persoas do interior do vehículo fose liberada, os efectivos sanitarios trasladárona ao centro hospitalario de referencia.


CHOQUE SEN FERIDOS EN SANTIAGO

Por outra banda, o 112 tivo constancia, ao redor das 17,30 horas deste luns, de un choque en Santiago entre un camión cisterna e un turismo que circulaban pola SC-20, preto do Polígono Costa Vella. Afortunadamente, non houbo feridos.


A pesar de que os alertantes chamaron á central de emerxencias para informar do sinistro, aseguraban que os ocupantes dos vehículos estaban fóra e ningún parecía necesitar asistencia sanitaria.


Con todo, os xestores do CIAE avisaron igualmente ao 061 e aos bombeiros da capital galega. Do mesmo xeito, foron informados a Policía Local e Protección Civil.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE