Sanidade asina dous convenios de colaboración destinados ao "intercambio e mellora da formación técnica e científica"

A Consellería de Sanidade asinou esta semana dous convenios de colaboración coa Casa de Galicia de Uruguai e coa Asociación Española Primeira de Socorros Mutuos de Montevideo, destinados ao "intercambio e mellora da formación técnica e científica".

|

A Xunta asina dous convenios para mellorar a formación técnica e científica á que asistiu o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez; Alberto Iglesias, presidente da Casa de Galicia en Uruguai; e o xerente da Asociaicón Española de Primeira de Soc

A Consellería de Sanidade asinou esta semana dous convenios de colaboración coa Casa de Galicia de Uruguai e coa Asociación Española Primeira de Socorros Mutuos de Montevideo, destinados ao "intercambio e mellora da formación técnica e científica".

O obxectivo destes acordos é a "posta en marcha dun programa de colaboración en materia de asistencia técnica e intercambio de coñecemento e formación de profesionais", segundo explicou a Xunta mediante un comunicado.

Este acordo tamén busca o desenvolvemento de actividades noutras áreas e disciplinas, como programas de mellora da calidade de estándares asistenciais, ou a avaliación e xestión de recursos humanos, entre outros sectores, mediante estancias temporais de persoal que presta servizos en centros asistenciais xestionados polas institucións representadas no acto.

As asociacións comprométense a "facilitar ao persoal designado por cada institución a posibilidade de realizar estancias temporais de formación en centros xestionados polas mesmas en áreas profesionais e de coñecemento" como a práctica médica, terapias innovadoras, farmacia hospitalaria, coidados de enfermería ou prevención de riscos profesionais, entre outras.

INTERCAMBIOS DE COÑECEMENTO
Ademais, as institucións impulsarán "o intercambio de coñecementos no ámbito de medicina", mediante o desenvolvemento e organización de actividades científicas, docentes e de formación en temas específicos con novas tecnoloxías da información e comunicación.

Os convenios foron asinados polo conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña; por Alberto Iglesias Rodríguez, presidente da Casa de Galicia en Uruguai; e polo xerente da Asociación Española de Primeira de Socorros Mutuos, Julio Martínez Pérez. Ao acto tamén asistiu o secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE