Roberto García, alcalde e próximo deputado provincial, nega fraude e denuncia a persecución dun Guardia Civil

O alcalde de Xermade, o socialista Roberto García, negou que exista un "desfasamento" nas contas da comunidade de montes que preside, despois de que un comuneiro denunciase no xulgado de Vilalba "un desfasamento de máis de 30.000 euros no balance contable do ano 2017".

|

A directiva da comunidade de montes que preside Roberto García alertou onte de problemas nas contas, circunstancia que o alcalde de Xermade desmente hoxe, alegando que se trata dunha persecución persoal instigada por un axente de Tráfico. O asunto xa está nun xulgado de Vilalba.


O alcalde de Xermade, o socialista Roberto García, negou que exista un "desfasamento" nas contas da comunidade de montes que preside, despois de que un comuneiro denunciase no xulgado de Vilalba "un desfasamento de máis de 30.000 euros no balance contable do ano 2017".


Comunidade de montes de lousada


A comunidade de montes de Lousada dispón de moitas hectáreas de eucalipto e tamén cobra polos terreos dun parque eólico


A denuncia que examina o xulgado de Vilalba vai contra a xunta directiva da comunidade de montes de Lousada (Xermade), que preside García, e nela dáse conta de posibles "irregularidades" na contabilidade.


O ALCALDE SOCIALISTA CRITICA A UN GARDA CIVIL DE TRÁFICO

Roberto García negou con rotundidade que exista "tal desfasamento", deixando claro que "as contas está claras, non hai malversación, nin ningunha cousa irregular".


En canto ao denunciante, asegura que é "un comuneiro que é axente de Tráfico en Vilalba". "Ten un acoso e unha persecución cara a miña e a miña familia desde hai anos. Non vai ás reunións, non se interesa por revisar as facturas e despois pon pegas e acaba por detrás con xogo sucio. É algo persoal", engadiu. A denuncia leva a asina o veciño da parroquia Alfonso Fernández Pena.


Roberto García insistiu en que "non hai nada que ocultar". "Eu respondo pola directiva e pola miña da xestión e de que as contas son legais. Non hai motivo para denunciar pero el actúa así, á súa maneira", explicou.


POSIBLE CONTRADENUNCIA

Tamén confirmou que xa se entregou documentación no xulgado e esta "todo correcto", atalla o alcalde, quen non descarta emprender "accións legais" contra o comuneiro que está detrás da devandita denuncia.


"Desde hai anos é un acoso persoal, mesmo político. Na campaña electoral andou polas casas e o día das eleccións levou a unha señora para votar. É unha persoa con malas intencións cara a min e a comunidade de montes. É algo que hai que mirar de cortar a tempo e que iso non pase a maiores", resolveu.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE