"Pedimos á Xunta que non siga obstaculizando o noso dereito á supervivencia"
Os socios do Centro Galego de Bos ratificaron o pasado martes o principio de acordo para a cesión do hospital, motor da que foi a maior das institucións galegas na emigración. A empresa Buenos Aires Saúde (BASEA Saúde) dirixirao durante os próximos 30 anos. O grupo arxentino dos irmáns Olmos fanse, ademais, cunha opción de compra do inmoble. Ramón Suárez, gañador das últimas eleccións internas, explica, en conversación, a Galiciapress o alcance do acordo.
Os socios do Centro Galego de Bos ratificaron o pasado martes o principio de acordo para a cesión do hospital, motor da que foi a maior das institucións galegas na emigración. A empresa Buenos Aires Saúde (BASA Salud) dirixirao durante os próximos 30 anos. O grupo arxentino de os irmáns Olmos faise, ademais, cunha opción de compra do inmoble. Ramón Suárez, gañador das últimas eleccións internas, explica, en conversación con Galiciapress o alcance do acordo.
Sede do Centro Galego en Belgrano
O patrimonio cultural do Centro -impagable, xa que atesora unha valiosa pinacoteca privada e miles de volumes- parece a salvo. "O contrato prevé que, a biblioteca, o teatro, a actual sala de sesións da xunta directiva e un baixo sobre a Av. Belgrano coñecido como 'o banquito' seguirán sendo espazos a utilizar pola mutual", relata O Muxo desde Buenos Aires. Os galegos de Buenos Aires, aínda que perden o control do enorme e céntrico predio de Belgrano, conservan pois lugares onde proseguir coas súas actividades culturais e preservar o patrimonio cultural.
A Familia do Crego, unha das obras de Castelao que posúe o Centro
O xornalista galego-arxentino móstrase satisfeito porque o acordo garante tamén que os socios do Centro Gallego terán unha cobertura médica eficaz. "O grupo BASA comprométese a prestar atención sanitaria aos socios actuais e mesmo se nos faculta para incorporar novos", asegura.
Dado que o pacto tamén permite salvar as enormes débedas cos traballadores, Suárez entende que está en disposición de asumir a presidencia do Centro: "creo que o acordo satisfai as miñas inquietudes e estou disposto a asumir cando o dispoña a autoridade xudicial". E é que o informador dixera que non tomaría posesión do cargo ata que lograse formalizar un acordo que saldase as débedas cos operarios e garantise a cobertura sanitaria aos socios que quedan.
A Xustiza arxentina xestiona o Centro desde hai anos. O labor do actual interventor é moi polémica, dado que moitos traballadores acúsano de baleirar durante estes anos o hospital, permitindo a súa quebra e facilitando o que algúns operarios denunciaron como un "pelotazo urbanístico" en plena zona nobre de Buenos Aires.
O acordo abre a porta a que os socios volvan recuperar o mando do día a día do centro a través de A Terra, a agrupación co a que Suárez gañou as eleccións co 67% dos votos a finais de 2018.
Unha pasada protesta das traballadoras
O Muxo admite que sufriu moitos "desgustos" nestes meses pero móstrase satisfeito coa resolución, pois ademais da dificilísma situación que arrastran centos de operarios -aos que se lles debe meses de salario- hai tensión entre as diferentes agrupacións entre as que está dividida a menguante masa social, uns 4.000 socios dos máis de 100.000 que tivo.
"A PERDA DOS LADRILLOS ERA INEVITABLE"
Con todo, en termos xerais, móstrase contento. "Valeu a pena, a perda dos ladrillos era inevitable, pero os socios e socias teñen garantida para sempre aquilo que no seu momento achegounos á casa, a atención da nosa saúde", declara. De care ao futuro, promete que "non descansarei no meu empeño para que o rico patrimonio cultural galego-arxentino perdure inmaculado a perpetuidade".
Asemblea do Centro Galelgo que aprobou o acordo co grupo Olmos
Un optimismo que non atenúa as súas críticas ao labor do Goberno de España e de la Xunta de Galicia. Xa non lles pide axuda, senón "non seguir obstaculizando o noso dereito de supervivencia".
Suárez lembra que leva meses tentado que restitúan ao Centro na dirección de Ospaña. Esta é a fundación creada polas administracións españolas para dar atención sanitaria á diáspora arxentina. Moitos socios do Centro cren que a aposta por Ospaña contribuíu ao vaciamento da histórica institución.
Parece así que o Centro Gallego salvou un match ball e non crebará definitivamente, aínda que perdese polo camiño uno dos edificios máis emblemáticos da historia de Galicia.
Quedan, en todo caso, algunhas incógnitas por despexar. Talvez a máis importante é a verdadeira intención de BASA Salud. Os empresarios Olmos teñen boas conexións políticas -xestionan varios medios de comunicación- e o tempo dirá se realmente pretenden rehabilitar o hospital -que está moi deteriorado e necesita un enorme investimento para facelo funcional- ou simplemente facerse cun enorme inmoble na zona nobre de Buenos Aires para outros fins.
Escribe o teu comentario