Eduardo Pondal viaxa ao presente con ‘Pondalaina’
‘Pondalaina’, presentado por A Mesa pola Normalización Lingüística e a Asociación Socio-Pedagóxica-Galega, é un libro-CD que contén quince poemas musicalizados do poeta Eduardo Pondal.
‘Pondalaina’, presentado pola Mesa pola Normalización Lingüística e a Asociación Socio-Pedagóxica-Galega, é un libro-CD que contén quince poemas musicalizados do poeta Eduardo Pondal.
A Mesa pola Normalización Lingüística e a Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG) unen as súas forzas para publicar ‘Pondalaina’, un libro que inclúe un CD que achega aos máis pequenos a poesía de Eduardo Pondal a través de quince poemas musicalizados.
Coa participación do ilustrador Leandro Lamas, máis dunha ducia de músicos participaron no proxecto, con artistas como Lida Piñeiro, Xoán Padín ou Andrés Pazos, coordinado polo profesor Francisco Rodríguez e pola Sociedade Cultural Medulio. Para Rodríguez, o disco “rompe os clichés e estereotipos sobre o poeta e a poesía galega do S. XIX”.
O proxecto ideouse fai catro anos coa intención de conmemorar o centenario da morte de Eduardo Pondal, un dos maiores referentes da literatura galega. Xoán Costa, presidente AS-PG, considera que isto ofrece “unha visión distinta da que afacemos ter de Pondal, cunha ampla variedade de ritmos e estilo que demostra que a poesía dos nosos clásicos está perfectamente integrada na actualidade musical”. O libro-CD xa está á venda en librerías e en téndaa web da plataforma.
Escribe o teu comentario