O "acoso laboral" leva ao transporte de residuos sólidos urbanos á folga indefinida

A CIG sinala a SOGAMA, Copasa e Partido Popular como principais culpables do despedimento de oito empregados.


|

A CIG sinala a SOGAMA, Copasa e Partido Popular como principais culpables do despedimento de oito empregados.


Basuracamion


Os traballadores do servizo de transporte de residuos sólidos urbanos de Sogama comezarán huelga indefinida a partir do 15 de abril ante a "precarización" das condicións laborais.


Representantes do comité de folga de Transportes Pacholo S.L., empresa que se encarga do transporte deste tipo de residuos (domésticos e urbanos), rexistraron a convocatoria para esa folga indefinida tras unha asemblea con 60 votos a favor e ningún en contra, segundo informa a CIG nun comunicado.


O sindicato censura que Transportes Pacholo despediu a oito traballadores en resposta ás denuncias de acoso laboral que os empregados realizaron durante meses.


Con todo, a CIG sostén que "esta non é unha decisión de Transportes Pacholo", senón que "os culpables están máis arriba". Sinala en concreto "a Copasa, Sogama e ao propio Partido Popular, que foi quen deseñou o un modelo de subcontratas que precariza as condicións laborais á conta dun peor servizo para repartirse os beneficios".


Previamente á folga, este martes, 9 de abril, os traballadores concentraranse no quilómetro 27 da N-550, entre Ordes e Cerceda (A Coruña).


PRESIÓNS Ao PERSOAL

Sobre este extremo, o sindicato explica que fai tres anos Sogama entregou a concesión de transporte de contedores de residuos sólidos urbanos a unha UTE conformada por Copasa --"a empresa galega que, segundo os papeis de Bárcenas, máis achegou ao financiamento ilegal do PP", censura a CIG--, Renfe e Logirail, "no que foi o contrato público máis elevado na pasada lexislatura de Núñez Feijóo, con 140 millóns de euros".


Tras iso, "desde o primeiro día", esta UTE subcontratou o servizo a unha empresa do Carballiño (Ourense), Transportes Pacholo, sen experiencia no sector do transporte de residuos sólidos urbanos e que se atopaba en concurso de acreedores, apunta a CIG.


A continuación, indica que esta operación "incluíu tamén a firma dun convenio propio, un mes antes de coller as concesións, que rebaixaba os salarios existentes no transporte de Sogama nun 40 por cento".


"Non contento con iso, desde o primeiro día presionouse aos traballadores para que incumprisen normas de tráfico, horarios e tamén as normas máis básicas de seguridade e saúde no traballo co obxectivo de desregular por completo as relacións laborais e abaratar así o custo do servizo", asegura.


A isto engade a CIG que nos últimos meses os traballadores procedentes da anterior contrata conseguiron mellorar as súas condicións laborais a través dun laudo arbitral que ditaminou a existencia de subrogación. "A partir dese momento o empeño da empresa foi dividir a este colectivo de todos os demais traballadores que foron contratados directamente por Transportes Pacholo e no marco da denuncia desta situación, como escarmento, prodúcense agora oito despedimentos", lamenta.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE