Felipe VI veu ver un bosque galego e ensináronlle ‘Piñeiros de Oregón’ (VÍDEO)

O rei de España participou nunhas xornadas polo Día Internacional dos Bosques pero nun espazo infestado de especies foráneas.


|

O rei de España participou nunhas xornadas polo Día Internacional dos Bosques pero nun espazo infestado de especies foráneas.


Rey felipe feiju00f3ou piñeiros


O rei de España, Felipe VI, veu a Galicia a coñecer de primeira man como eran as labores forestais e de silvicultura dos bosques galegos. E o monarca gozou dunha xornada na que participou activamente nos labores forestais, puxo en valor os espazos verdes no Día Internacional dos Bosques, asistiu a vario relatorios… pero non viu ningún bosque autóctono.


No seu lugar, a súa maxestade estivo nunha plantación de Boqueixón onde imperaban os eucaliptos e o coñecido cientificamente como pseudotsugas menziesii, comunmente chamado ‘Piñeiro de Oregón’ ou ‘Piñeiro de Douglas’, unha árbore típica do oeste de América do Norte e que se foi estendendo en Galicia desde os anos 90 por sucesivos plans de repoboación forestal.



A xornada, organizada por 'Xuntos polos Bosques' coa colaboración do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación e a Xunta de Galicia, foi moi criticada por diversos colectivos, que non entenden como nun día dedicado a poñer en valor o patrimonio forestal cométese o erro de programar actividades nun bosque de eucaliptos e piñeiros foráneos.


É o caso de traballadores de SEAGA, que lamentaron que o rei leve de Galicia unha visión equivocada da realidade dos bosques galegos. “Non comprendemos como no Día Internacional dos Bosques faise este paripé, con todo bonito, cando a realidade galega non é esa”, critico Peter Brea, portavoz de SEAGA ante os micrófonos da Cadea SER, mentres outro compoñente denunciou que os montes galegos están asilvestrados e que arden “por intereses privados”. 

relacionada O Rey Felipe VI e Feijóo, presentes nos traballos forestais e de silvicultura en Galicia

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE