Acusan a SOGAMA de facer pagar á cidadanía máis do necesario pola xestión de residuos

|

A plataforma ‘Salvemos a Comarca de Ordes: aire, auga e terra limpas’ sinala que incinerar o lixo segue sendo “a principal forma de tratar os residuos de SOGAMA.


Lixo


A plataforma ‘Salvemos a Comarca de Ordes: aire, auga e terra limpas’ deu a súa lectura do informe presentado polo Consello da Xunta de Galicia no referido a SOGAMA e a xestión de residuos na comunidade. ‘Salvemos a Comarca de Ordes’ denuncia que o goberno galego “realiza unha interpretación dos datos reais e públicos da entidade”, ademais de que, como se reflicte no informe, “pódese confirmar que só se selecciona o 12% dos residuos que recibe SOGAMA procedentes de toda Galicia”.


A queima dos residuos e o seu depósito no vertedoiro de Areosa seguen sendo o principal destino das bolsas de lixo”, lamenta no seu comunicado, aducindo que esa xestión non se corresponde no investimento de máis de 47 millóns de euros nunha empresa encargada de xestionar o 83% do residuo urbano de toda Galicia.


UN SOBRECUSTO PARA Os CONCELLOS

Con todo, o informe desprende outra realidade. “Partindo das cifras da empresa, SOGAMA ingresou 112 millóns segundo o orzamento de 2018; se temos en conta que o custo medio do tratamento de residuos en España é de 40 euros por habitante ao ano, a Sociedade Galega de Medio Ambiente estaría a facturar aos concellos adheridos ao seu plan un sobrecusto de 22 millóns”, sinala a nota.


Así, para a plataforma, SOGAMA ten uns beneficios “absolutamente abusivos” segundo a plataforma “tendo en conta que é un servizo público” e que eses concellos pagan un canon por tonelada de lixo que rolda os 70 euros para que se trate na planta de reciclaxe de Cerceda, cando, segundo a plataforma, a maior parte dese lixo non recibe o tratamento acordado, senón que se deposita en vertedoiros ou directamente incinérase sen tratar.


“O complexo de SOGAMA recibe en torno ao millón de toneladas de lixo ao ano, das cales recuperáronse 120 mil toneladas de materiais, 480 mil foron queimadas e 400 mil foron a parar ao vertedoiro de Areosa sen ningún tipo de tratamento, poñendo en risco á poboación da conca do Río Tambre”, advirte a plataforma, que tamén expresa a súa preocupación pola opacidade de SOGAMA ao non explicar que destino teñen as cinzas do material incinerado.


O BANCO MÁIS PESTILENTE DO MUNDO

Do mesmo xeito, chaman a atención da situación do vertedoiro de Areosa “que ocupa unha superficie de 63 hectáreas” e que acumula “montañas de lixo desde 1996”. “Desde hai anos os veciños da comarca de Ordes vimos reclamando melloras no transporte, combustión e tratamento e os cheiros das instalacións de SOGAMA sen lograr cambios”, lamenta a nota, mentres que sinala que a instalación de “O banco máis pestilente do mundo” por parte dos veciños de Lesta si forneceu efecto coa aprobación da construción dunha nova planta depuradora en Areosa “con 23 anos de atraso nos que se produciron danos irreversibles”. 


Banco pestilente

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress