Perozo trae relatos “verídicamente falsos” en ‘Rumores de Compostela’

O Consorcio de Santiago e Auga Editora publican a obra de Xosé A. Perozo, un libro cheo de rumores que acaban construíndo historias.


|

O Consorcio de Santiago e Auga Editora publican a obra de Xosé A. Perozo, un libro cheo de rumores que acaban construíndo historias.



O escritor Xosé A. Perozo presenta, xunto ao Consorcio de Santiago e Auga Editora, a súa última obra: ‘Rumores de Compostela’. Partindo de rumores, o escritor constrúe doce historias “verídicamente falsas” pero apoiadas en sucesos reais. Ao longo dos relatos atoparémonos con personaxes históricos que percorrerán a cidade de Santiago de Compostela imbuídos nunha atmosfera de intrigas e misterio.


DOCE HISTORIAS; DOCE RUMORES

“A memoria da cidade é un patrimonio no que se mesturan á perfección a historia coas lendas, as mitoloxías, as suposicións, as teorías, o misterios…Desta forma, a memoria documental é unha fonte permanente tanto para os historiadores como para a imaxinación”, afirma o escritor.


Perozo tamén pon en valor os rumores “que chegan, non se deteñen e deixan un pouso no recordo” e destaca que unha cidade como Santiago de Compostela é o lugar idóneo para atoparse con estes rumores. “Ser amante do rumor en Santiago é fácil, moi gratificante e enriquecedor”, sinala o autor. Así, figuras como o arcebispo de Raxoi, réinaa dona Pega rabilonga ou a desaparición do bispo Prisciliano son o eixo central dalgún dos relatos que brotan da imaxinación de Perozo.


Ademais, as historias están acompañadas de brillantes ilustracións que dan vida aos relatos, realizadas por Antonio Seijas, Suso Cubeiro, Carmen Díaz, Ana Costas, Isabel Pintado, Jaime Asensi, Sonia González, Viki Berre, Fran Muñiz, María Lires, Evaristo Pereira e Anxo Fariña.


PRESENTACIÓN

A presentación celebrarase este mércores 13 de marzo na Fundación Torrente Ballester e contará coa presenza do escritor, o alcalde compostelán, Martiño Noriega, a xerente do Consorcio, Belén Hernández, o responsable de Publicacións do organismo administrativo, Juan Conde, e o ilustrador e colaborador de Auga Editora, Antonio Seijas

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE