Plexus explica que non tivo relación co Imserso no período investigado

Tecnoloxías Plexus SL nega, nun escrito remitido a Galiciapress, que a Fiscalía Anticorrupción investigue traballos seus para o IMSERSO, como informou a Cadea Ser no Hora 14 do martes 19 de xaneiro.


|

A empresa Plexus explica que "non foi adxudicatario do contrato, nin realizou ningún traballo para o Imserso para ningunha das compañías que resultaron adxudicatarias", como informou a Ser.



Sede de plexus


"Plexus non tivo ningunha relación contractual co Imserso ata a recente licitación de 2018 (concretamente inicio execución en agosto de 2018). De feito, Plexus presentouse na licitación anterior e a súa oferta quedou excluída a favor da UTE adxudicataria. Plexus non foi adxudicatario do contrato, nin realizou ningún traballo para o Imserso para ningunha das compañías que resultaron adxudicatarias da licitación de 2013. Polo que o período que supostamente investiga a fiscalía segundo o propio medio citado Cadena Ser, abarca de 2012 á 2018, período que se refire á anterior lictación e non á actual", sinala a consultora. 


A compañía desmente ademais vínculos con José María Sánchez González, ex-número 2 da Consellería de Cultura, pois "non foi directivo, nin empregado, nin socio, nin tan sequera provedor da compañía cuxos fundadores, por outra banda, non coñecen persoalmente á devandita persoa".  O seu actual CEO, Antonio Agrasar, asegura que "non foi asesor de la Xunta e de TVG" en ningún momento, como erroneamente informou este medio. 


Ademais, sobre a Operación Pokemon, engade que "acreditamos ter no noso poder un escrito da fiscalía no que consta o arquivo da devandita querela por non atopase ningún tipo de indicios delituosos". 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE