O Resurrection Fest esgota os seus abonos de tres e catro días
Catro meses antes de que se celebre, o Resurrection Fest 2019 esgotou os seus abonos para tres e catro días, que reunirá en Viveiro (Lugo), do 3 ao 6 de xullo, a bandas como Slipknot, Slayer e Within Temptation.
Catro meses antes de que se celebre, o Resurrection Fest 2019 esgotou os seus abonos para tres e catro días, que reunirá en Viveiro (Lugo), do 3 ao 6 de xullo, a bandas como Slipknot, Slayer e Within Temptation.
Nun comunicado remitido aos medios, a organización agradeceu a "confianza" depositada no festival que por primeira vez esgota os seus abonos con tanta antelación.
"Tras estes 14 anos de traballo duro, recibir tal recoñecemento por parte do público dános forzas para seguir mellorando ano tras ano, e desexamos que todo o mundo goce da experiencia Ressurrection Fest na maior edición do festival".
O Resurrection Fest Estrela Galicia 2019 xa conta con máis dunha vintena de bandas confirmadas, con nomes como Arch Enemy, Gojira -único concerto en España-, Berri Txarrak, Crisix e Millencolin.
O festival tamén confirmou a Arquivo Adxunto, Back in Town, Cabeza de Cabalo, Cathexia, Close to the Sky, Control de Pragas, Cordura, Dagla, Kitai, Neila e Perpetual Night.
Todos estes nomes súmanse a outros xa anunciados como Slipknot, Slayer, Lamb of God, Parkway Drive, Within Temptation, Trivium, Testament, Cradle of Filth, Kvelertak, Cult of Lúa ou Converxe, entre outros moitos.
Escribe o teu comentario