A seguridade privada de prisións mobilizarase o próximo 28 de febreiro
A Federación de Servizos, Mobilidad e Consumo da UXT (FeSMC-UXT) anunciou as protestas en defensa da continuidade dos postos de traballo da seguridade privada das prisións.
A Federación de Servizos, Mobilidad e Consumo da UXT (FeSMC-UXT) anunciou as protestas en defensa da continuidade dos postos de traballo da seguridade privada das prisións.
As mobilizacións están convocadas na Coruña, fronte á Delegación do Goberno, e en Pontevedra, fronte á Subdelegación do Goberno, ambas as ás 11 horas o vindeiro xoves 28 de febreiro. “O sindicato rexeita as declaracións realizadas recentemente polo secretario de Institucións Penais nas que apostaba por suprimir a seguridade privada na vixilancia exterior dos cárceres de forma progresiva”, anuncian no comunicado. Eses traballadores serían substituídos por persoal da Policía e a Garda Civil, reabrindo de novo o debate sobre a privatización do sistema penal español.
UXT avoga pola “complementariedade” do sector público e o privado, sostendo que a seguridade privada xoga un papel “complementario coa pública, xa que a primeira exerce unha función de protección nas instalacións recoñecida como de alto risco e a privada exerce o seu papel á hora de garantir a seguridade cidadá”.
Así, o comunicado lembra que o propio Ministerio do Interior recoñeceu en varias ocasións “a valía e eficacia dos traballadores da seguridade privada” nos cárceres españois. “FeSMC rexeita que se xogue cos traballadores ao quita e pon dependendo da cor do goberno de quenda”, sentencia a nota.
Escribe o teu comentario