A xira de Eels terá só dúas datas en España e unha será en Galicia
Personaxe imprescindible para explicar o salto de popularidade do rock alternativo, Mark Oliver Everett pasará pola nosa terra ao final do verán
Personaxe imprescindible para explicar o salto de popularidade do rock alternativo, Mark Oliver Everett pasará pola nosa terra ao final do verán
As entradas saen moi pronto á venda
A banda californiana Eels chegará por primeira vez a Galicia o próximo 8 de setembro cunha actuación que terá lugar en Santiago de Compostela, única parada en España, xunto con Barcelona, da xira internacional do grupo que lidera Mark Oliver Everett, máis coñecido como Mr. E.
O concerto, que terá lugar no Auditorio de Galicia, concerto, que terá lugar no Auditorio de Galicia foi presentado este martes en rolda de prensa polo rexedor compostelán, Martiño Noriega, e Raquel Seijo, representante de Sweet Nocturna, promotora do evento en colaboración co Concello de Santiago.
A capital galega figura na lista de cidades polas que pasará a banda de California no marco da súa xira europea, que levará a Eels a unha quincena de localidades do vello continente nos meses de agosto e setembro.
Nada na década dos 90 e cunha ducia de discos ás súas costas --o último deles publicado a pasada primavera--, Eels está considerada como unha das bandas de referencia do rock alternativo. O próximo mes de abril inician unha xira por salas e auditorios de pequeno e mediano tamaño que, tras pasar por varios puntos dos Estados Unidos, traerá a Galicia ao grupo que lidera o carismático Mr. E.
Fillo do recoñecido científico Hught Everett III, Mark Oliver Everett (1963) logrou hai unha década un éxito editorial coa súa autobiografía 'Cousas que os netos deberían saber', na fala sobre a súa experiencia persoal, marcada pola perda dos seus familiares, a súa condición de "bicho raro" na industria musical ou anécdotas como o uso dun disco de Eels por parte de George Bush II para atacar ao seu adversario Al Gore na campaña electoral estadounidense do ano 2000.
"MOITA EXPECTATIVA"
A representante da promotora do evento, Raquel Seijo, destacou a gran expectativa que levantou o concerto de Santiago desde o momento en que se coñeceu a noticia, polo que augura que as entradas "van esgotarse moi pronto". A data elixida para o inicio da venda de billetes (a prezo de 24 euros máis gastos de xestión) é este xoves 31 a partir das 10,00 horas.
Pola súa banda, o alcalde santiagués ha mostrado a súa satisfacción por traer á capital galega a "unha banda de tanto prestixio no panorama internacional" e que tan só programou dous concertos no Estado español.
Escribe o teu comentario